miércoles, 20 de diciembre de 2023

Radio escolar: Mergulla desde a clase

Este curso o alumnado do 3º curso da Ed. Primaria dentro do programa de Radio escolar, co que contamos en colaboración coa Fundación Ayuda en acción,  está a investigar sobre o mar, centrando a súa atención sobre  as especies mariñas de Galicia e sobre os efectos que nelas teñen a degradación medioambiental.  Dentro deste proceso de investigación contaron cun obradoiro da Cooperativa 13 grados (Sara Carrasco e Silvia Iglesias) cuxa finalidade e divulgar e sensibilizar sobre a importancia de coidar o medio mariño, centrándose en Galicia. 

Así, mergullámonos desde o cole no mundo mariño a través dunha experiencia inmersiva empregando a realidade virtual. Toda unha experiencia sensitiva de aprendizaxe.  




Imaxes recollidas durante a actividade. 

"ENRAIZADAS"

 O alumnado de 5º da Ed. primaria volveu contar cunha nova sesión de Enraizadas, programa de Ed. Social na escola en colaboración coas asociación Euroeume da que participan algunha das nosas familias. 

Nesta ocasión, entrevistaron a unha das nosas nais, Cristina. Muller emprendedora, exemplo dun desenvolvemeto endóxeno xusto e sustentable propio do territorio.








martes, 19 de diciembre de 2023

TEEN SIDE: NOVA REVISTA ESCOLAR PARA MOCIDADE

Chegou o tan esperado lanzamento da nova revista escolar Teen Side, dirixida para a mocidade do CPI Virxe da Cela, e realizada con moita ilusión polo alumnado de 3º da ESO que cursa a materia de Proxecto Competencial, co apoio do Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Castelao. Xa podes ter nas vosas mans o primeiro número desta nova revista, que contén variadas e interesantes reportaxes. 



TEEN SIDE 1 by veracruces on Scribd

REUNIÓN PROFESORADO PARTICIPANTE 3ª FASE OBSERVA-ACCIÓN

O martes 19 decembro 2023 tivo lugar no espazo de Usos Múltiples unha reunión do profesorado participante na 3ª Fase do programa "Observa-Acción". Nesta terceira fase contamos con dúas incorporacións ao programa de dúas novas profesoras do noso centro, por tanto agora xa estamos as tres etapas educativas representadas: EI, EP e ESO. Nesta reunión, ademais de darlles a benvida a estas dúas docentes e poñerlles ao día de todo o experiementado nas fases anteriores (1ª e 2ª fase, que se desenvolveron no pasado curso académico 2022-2023), tratamos as liñas de actuación para dar inicio ao intercambio de ideas e prácticas docentes co centro madrileño co que estamos emparellados: o Centro Público Pintor Rosales, da Comunidade de Madrid. 


Compartimos convosco esta postal de felicitacións equipo Mentoreactúa, o programa equivalente a Observa-Acción da Comunidade de Madrid:  Buenos días a todos: Desde la Subdirección General de Programas de Innovación y Formación del Profesorado de la Comunidad de Madrid, os hacemos llegar a todos los participantes en los programas asociados a Mentoractúa, nuestro deseo de salud y felicidad para estas fiestas y lo mejor para el Año Nuevo 2024. Un cordial saludo. Equipo Mentoractúa 






jueves, 14 de diciembre de 2023

IV Festival Escolar do Camiño Inglés

 Esta semana o noso alumnado de Educación Primaria foi convidado ao IV Festival Escolar do Camiño Inglés, que ten como base a promoción do Camiño Inglés entre os máis novos e, ademais, busca que se vaian coñecendo as diferentes localidades polas que transcurre.

Neste caso o noso alumnado desfrutou dunha obra de teatro na que Ignatius, un peregrino algo perdido, que coa axuda dunha meiga foi percorrendo e coñecendo Ferrol, así como as súas costumes, festas, patrimonio... Dende as Meninas de Canido, o propio Racing ou o arroz con leite (postre co que fomos posteriormente agasallados). 



martes, 12 de diciembre de 2023

MUSEO DO HUMOR XAQUÍN MARÍN


Compartimos información sobre o Museo do Humor Xaquín Marín, museo de humor gráfico único en Galicia e un dos poucos que existen no mundo.

Folleto Museo Humor Xaquín Marín by veracruces on Scribd

viernes, 1 de diciembre de 2023

II CONCURSO AUDIOVISUAL: ANPAS GALEGAS SOMOS RURAL




Dende a Confederación ANPAS GALEGAS organizamos o “ II CONCURSO AUDIOVISUAL - ANPAS GALEGAS SOMOS RURAL” para todo o alumnado dos centros de ensino público galegos. 

A nosa intención é contribuír á difusión, coñecemento e posta en valor do incríbel patrimonio cultural e paisaxístico do noso rural; e para iso, consideramos que a mellor forma de poder acadar eses obxectivos é traballándoos coa nosa mocidade. 

Por este motivo, queremos convidarvos a participar nesta segunda edición. Para participar é preciso que fagades unha pre-inscripción a través da nosa páxina web https://somosrural.anpasgalegas.gal/concurso/ e que dará comezo este venres 10 de novembro. 

Unha vez aceptemos a vosa solicitude, cousa que vos comunicaremos o máis rápido posíbel, tedes até o 30 de marzo para presentar os vosos proxectos. Achegámosvos as bases para participar e agardamos que teñades tanto interese coma nós en mostrarnos a todos o precioso país que temos. 

 Tedes toda a información na nosa web: https://somosrural.anpasgalegas.gal/concurso/