viernes, 15 de noviembre de 2013

lunes, 11 de noviembre de 2013

DINAMIZACIÓN DO GALEGO NUNHA CONTORNA RURAL

O EDLG do CPI Virxe da Cela presentou o pasado luns 11 de novembro o relatorio "Dinamización do galego nunha contorna rural" no Curso de Galego para Profesorado en Prácticas impartido no CEFORE de Ferrol. Durante un tempo aproximado de 1 hora presentamos as actividades máis significativas levadas a cabo o pasado curso académico 2012-2013, incluídas dentro do noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego.

 

sábado, 9 de noviembre de 2013

A LUS DO MUNDO

Transcribimos o comentario que o noso ex-alumno e agora colaborador, Antonio González, fai en referencia á entrada "Concurso-exposición Letras Galegas 2014"
 
 
Sería de interese introducir no blog a ligazón do vídeo que, no curso pasado 2012/13, alumnos/as do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) elaboraron co fin de conseguir a dedicación do Día das Letras Galegas a este home, "o poeta de Guitiriz". Ademais, neste instituto xa da provincia de Lugo, estudaron algúns alumnos do noso cole; hoxe están alí matriculados Natalia Rodríguez, María Barral, Javier Bouzón e Óscar Paz, da promoción 2012/13.
 
Pois aí vai o video pendurado. A verdade é que trátase dun vídeo de grande calidade técnica, moi didáctico, moi orixinal, na que non so o poeta Díaz Castro é o protagonista, senón que tamén o son todos os rapaces e rapazas do instituto, así como a xente da rúa, que participan da acción nun enxebre escenario, a plaza de Guitiriz o día da feira. Premio ao que atope a Natialia, Javier, María, Óscar ou Torrado (creo que todavía anda por ese lares).
 
Queremos convidar públicamente ao noso benquerido Antonio a que asista ao noso cole a impartir unha charla sobre Día Castro alí polo mes de Maio, e así inaugurar a súa carreira profesional como conferenciante.
 

jueves, 7 de noviembre de 2013

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2014

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 16 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2013), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2014 (Xosé María Díaz Castro), e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.

martes, 5 de noviembre de 2013

MATERIAIS PARA TRABALLAR O IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon tamén á vosa disposición  materiais relacionados co IV Día da Ciencia en Galego que, nesta ocasión, está dedicado a dúas temáticas: por unha banda, á arte e a ciencia e, pola outra, á estatística. Esta conmemoración servirá tamén para homenaxear e lembrar tres figuras singulares: Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale e Richard Buckminster Fuller. Se premedes na seguinte imaxe faredes o enlace directo á páxina oficial de Ciencia en Galego.

http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_ciencia_2013


OUTONO


A caída das follas é un dos signos da inmenente chegada do outono. Polos corredores do noso cole os mais pequenos fixeron a decoración desta época, e como é tempo de recollemento e dos primeiros fríos aproveitan para arrimarse á cociña e experimentar aquelas receitas xa herdadas dos nosos ancestros. Tempo do magosto, das castañas, do Samaín, que nos ofrece unha boa disculpa para realizar actividades motivadoras para o noso alumnado.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á nosa disposición no seu espazo web novos recursos para este o tempo de outono. No seguinte enlace atoparedes materiais e recursos didácticos adicados ao tempo de outono.

http://www.xunta.es/linguagalega/outono_2013

O CPI VIRXE DA CELA NAS XORNADAS INICIAIS DO PLAN PROXECTA

Xa sabedes que o pasado curso académico o CPI Virxe da Cela participou en varias iniciativas do Plan Proxecta. Unha delas foi o Proxecto Ríos, coordinado desde o departamento de CCNN pola profesora María José Fandiño, e incluído dentro das actividades do noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego. Para darlle un enfoque más disciplinar a este proxecto, uníronse varios departamentos (CCSS, Relixión, Música, e Francés entre outros), cada un coa súa orixinal aportación, contribuíndo a enriquecer esta abordaxe á temática dos ríos desde o estudo da cultura e da tradición. O resultado gustou tanto que convidaron ao noso centro a expoñer o traballo elaborado na xornada inicial do Plan Proxecta que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado sábado 26 de outubro de 2013.

Nestas mesmas xornadas o CPI Virxe da Cela fixo dobrete, xa que dentro do apartado "Doce meses, doce paisaxes" presentouse o proxecto "A nosa vida, a nosa paisaxe", desenvolvido tamén o pasado curso académico no noso centro e coordinado pola profe de primaria Mª Camino Pereiro, e no que traballaron diferentes niveis educativos (EP e ESO), de novo con diferentes departamentos implicados. No pasado mes de maio xa fixemos unha crónica sobre este proxecto, que foi premiado naquel entón.

Nos seguintes enlace podedes obter máis información sobre a intervención do CPI Virxe da Cela nas Xornadas Iniciais do Plan Proxecta.

http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=332&Itemid=29
 
 

http://www.cmati.xunta.es/axenda21/?p=4326