miércoles, 26 de octubre de 2011

II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.




ESTE ANO A QUÍMICA FALA GALEGO.

II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO




O día 4 de novembro de 2011 celebraremos o II Día da Ciencia en Galego adicado a exaltar o papel da Ciencia e da Tecnoloxía na creación e profusión da Cultura Galega. A actividade realízase en toda Galicia o mesmo día.

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie no 1911 polos seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Curie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química); posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,... fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha delas premio Nobel, tamén). Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia.

Así, o 4 de novembro homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.


Pica nas imaxes para saber mais destas científicas







viernes, 21 de octubre de 2011

MAGO RAFA

O pasado martes, 11 de outubro de 2011, no pavillón polideportivo do Xestal, tivemos unha visita un tanto especial... O mago Rafa viría por primeira vez actuar á escola. O espectáculo constou de diversos e variados números (con cordas, naipes e outros obxetos). Requeriu a colaboración dalgúns alumnos (como Álex, de quinto de Primaria) e de profesores. A maioría dos números, explicábaos e, a miúdo, sorprendíanos. Foi unha xornada moi amena.O mago Rafa concedeunos unha breve entrevista para saber máis sobre el:

*****

P.: Dende onde vides?
R.: Vimos dende Lugo.
P.: Cómo comezache no mundo da maxia?
R.: Sempre me gustou moito, dende moi pequeniño.
P.: Por onde adoitas actuar?
R.: En colexios, na rúa ou, coma neste caso, contratado polos concellos.