O ALUMNADO DE 2º DE ESO DE FÍSICA E QUÍMICA REALIZA PRÁCTICAS NO LABORATORIO SOBRE A DENSIDADE
No mes de outubro o alumnado de física e química determinou a densidade de distintos materiais e relacionou esta propiedade da materia coa flotabilidade
CIENTÍFICOS XAPONESES CREAN UN RATO QUE CANTA COMO UN PAXARO
Científicos xaponeses anunciaron a creación dun rato que canta como un paxaro, unha evolución que é producto da enxeñería xenética e coa que esperan arroxar luz sobre as oríxes da linguaxe humana. "Cruzamos ratos xenéticamente modificados por xeracións para ver qué pasaba", dixo o principal investigador, Aruki Uchimura. "Verificamos os recén nacidos un por un e un día atopamos un rato que cantaba como un paxaro", dixo Uchimura.
NOTICIA ELABORADA POR VANESSA DEIBE PÉREZ
DESCUBREN COMO REDUCIR A MORTE NEURONAL
Unha inflamación é a desencadenante de enfermidades neurodexenerativas como o párkinson ou o alzhéimer. Pero cómo se desenvolve o proceso molecular que producía a inflamación e, sobre todo, como podía evitarse era algo que se descoñecía.
Un equipo de investigadores desmostraron que as "caspazas" , unhas enzimas implicadas na morte celular programada diminúe a activación das células microgliais, que en última instancia son as responsables da inflamación neuronal. O achádego abre unha nova vía para a diminución dos efectos do párkinson ou o alzhéimer.
Os científicos validaron xa as súas observacións en cerebros de pacientes afectados por enfermidades neurodexenerativas.
Un equipo de investigadores desmostraron que as "caspazas" , unhas enzimas implicadas na morte celular programada diminúe a activación das células microgliais, que en última instancia son as responsables da inflamación neuronal. O achádego abre unha nova vía para a diminución dos efectos do párkinson ou o alzhéimer.
Os científicos validaron xa as súas observacións en cerebros de pacientes afectados por enfermidades neurodexenerativas.
NOTICIA RECOLLIDA POR DESIRÉ MACEIRA VÁZQUEZ
NACE EN ESPAÑA O PRIMEIRO NENO SEN UN XENE LIGADO Ó CANCRO.
Por primeira vez en España, investigadores cataláns presentaron ó primeiro bebé seleccionado xeneticamente antes de nacer para evitar que padeza unha mutación fortemente ligada ó cancro de mama, ovario ou páncreas.
O procedemento consiste en fecundar varios óvulos para obter varios embrións; dos que unicamente se seleccionan os que carecen da mutación. Finalmente, os especialistas implantaron á muller dous embrións "limpos" dos que só un sobrevivíu.
Nove meses despois, ese embrión converteuse no primeiro bebé nacido en España libre da herencia xenética do cancro, o que non quere dicir que estea libre ó cen por cen do risco de cancro, senon de unha mutación que lle suporía unhas probabilidades de padecer un tumor de case o 80% a idades moito máis tempranas do normal.
O Hospital de Sant Pau está pendente da aprobación doutro caso similar. Trátase dunha familia con antecedentes de cancro de colon, unha enfermidade que sufriu a propia parella que agora quere ter un bebé.
NOTICIA SELECCIONADA POR ANAIS BUYO COLLAZO
3º E.S.O.
No hay comentarios:
Publicar un comentario