Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2022. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de mayo de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS 2022

     Froito da colaboración dos departamentos de música de primaria e secundaria, e xa constituíndo toda unha tradición instaurada desde fai máis dunha década no noso centro, o venres 13 de maio de 2022 a música e a danza amenizou e enriqueceu unha xornada especial para a nosa cultura galega, xa que paralelamente celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán. O espazo do aparcamento dos buses converteuse nun auténtico escenario no que se conxugou a tradición e a modernidade. 
     Os nenos e nenas de 6º de EI bailaron a tradicional Danza de Fitas, ao son do Pasodoble de Meira (utilizando unha gravación deste tema realizada pola Asociación Musical Folclóricos de Virxe da Cela e acompañados polas percusións en directo de alumnado de EI e EP). Acto seguido o alumnado de 2º da ESO bailou a ben coñecida Muiñeira de Lugo, e posteriormente o público aplaudiu e animou os nenos de nenas de 1º de EP, que axudados e acompañados por alumnado de 4º da ESO, realizaron unha vistosa coreografía da mediática e famosa Terra de Tanxugueiras. E que mellor que unha actuación multitudinaria para pechar o festival, onde alumnado de varias clases de EI e EP bailaron e fixeron acrobacias á par que se escoitaba o Pasodoble de Beo (gravación Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre).
     Entre número e número o alumnado de primaria aproveitou para dar unhas pinceladas sobre a vida e obra de Florencio Delgado, recoñecendo a súa figura e visibilizando a súa contribución na valoración e promoción da nosa lingua e cultura galegas. 
     Ao final desta xornada aproveitamos entregar diplomas acreditativos ao alumnado de EP participante no programa Digicraft (especialmente destacando o proxecto de 2º EP, gañador a nivel autonómico do Super Reto Digicraft, e que viaxará a Madrid o 14 de Xuño á final Estatal). Noraboa a todos e todas!!


















jueves, 3 de febrero de 2022

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

 

A Escola Galega de Administración Pública convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2022



viernes, 5 de noviembre de 2021

CONCUROS EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2022 A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado en 2022 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Convocatoria Concurso Letras Galegas 2022 by veracruces on Scribd