viernes, 26 de noviembre de 2021

O CPIP VIRXE DA CELA E O CPI AS MIRANDAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, o  alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral, sobre esta data.

Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

viernes, 19 de noviembre de 2021

APP PARA XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

   Os xogos son unha parte fundamental dese acervo e, se cadra, un dos saberes nos que a transmisión directa aínda é posible. Nunha sociedade tecnolóxica como é a nosa, os xogos físicos, que requiren o exercicio da imaxinación, da axilidade mental e física, ofrécennos unha posibilidade doada de usar, gozar e, xa que logo, de preservar a memoria dos ancestros e facela útil cara ao futuro. 

    Neste sentido, o Consello da Cultura Galega alégrase de colaborar co Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego nun formato tecnolóxico, en web e app, para facilitar esta transmisión tan necesaria. Desde hai décadas, o CCG aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura galega. Concibimos esta ferramenta como un apoio para nais, pais e docentes que queren incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para que poidan consultala con facilidade en interior e en exterior, no rural e no urbano. Pero tamén para calquera persoa, de calquera idade, que queira xogar, pois o ser humano xoga durante toda a súa vida. http://xogospopulares.consellodacultura.gal/





ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS

 Venres 19 novembro 2021



OBRADODOIRO DE COMPOSTAXE

 Sesións para o profesorado. PFPP. Proxecto de centro. Ruth Varela Mateos

Sesións para o alumnado o pasado martes 16 novembro 2021

viernes, 12 de noviembre de 2021

viernes, 5 de noviembre de 2021

CONCUROS EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2022 A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado en 2022 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Convocatoria Concurso Letras Galegas 2022 by veracruces on Scribd

jueves, 4 de noviembre de 2021

XOGO DA OCA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

O pasado luns 25 e martes 26 de outubro, o alumnado de educación infantil e eduación primaria levou a cabo o Xogo da Oca do Camiño de Santiago, organizado polas especialistas de Relixión Católica, Cristina (EI + EP) e de Educación Física, Ruth (EP). Un xogo tradicional proposto por FANPA Ferrolterra que este ano céntrase nos instrumentos que portan os anciáns do Pórtico da Gloria, previamente explicados polo alumnado de 4º ESO, dirixidos pola súa profesora de Música, Verónica, celebrando deste xeito o seu II festival nos centros escolares. Unha experiencia onde o noso alumano, ademais de gozar, aprendeu deste fermoso Camiño.














CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS

 Os premios do Concurso de Decoración de Portas foron otorgados ás clases de 4º de EP e 1º da ESO.

Porta de 1º ESO

Porta de 4º EP