A TABERNA DE ANTONIO



A Taberna de Antonio é un punto de encontro dos veciños da aldea, onde acoden tras rematar a xornada laboral. Neste local tan acolledor e familiar, Antonio, o seu entrañable camareiro, invitará aos seus clientes a reflexionar sobre os temas máis diversos: a lei antitabaco, as drogas, a televisión de pago, etc. En clave de humor e cheo de alusións a propia idiosincrasia galega, todos os capítulos de A Taberna de Antonio abordan problemáticas de actualidade que estanse a traballar na materia de Educación para a Cidadanía do CPI Virxe da Cela.