viernes, 24 de junio de 2011
APRENDENDO DOS NOSOS MAIORES
O pasado xoves 23 de xuño o alumnado da ESO asistiron a unha animada charla impartida polo cura de Xestoso, acompañado por varios homes e mulleres que pertencen ao Consello de Maiores de Xestoso. Esta charla estaba centrada nos "Oficios antigos". Tras a proxección dun vídeo explicando varios oficios tradicionais: ferreiro, tecelá, panadeiro, etc, iniciuse unha animada charla na que os maiores explicaron aos máis novos todos os seus coñecementos. Tamén amosaron varios obxectos de
miércoles, 15 de junio de 2011
MICROTOPONIMIA
Esta actividade foi realizada polo alumnado de 1º de ESO na materia Proxecto Interdisciplinar. Cada alumno/a levou para a casa unha ficha de recollida de datos e indagou no seu contorno familiar sobre os microtopónimos dos arredores da súa casa. Con esta ficha feita, buscaron imaxes do satélite da súa zona, usando para iso o Sixpac ou Google Maps. Unha vez atopada a zona de recollida gardaron as fotos e escribiron os microtopónimos na foto para situalos xeograficamente. Toda a información recollida configurou una exposición con paneis que incluían os mapas da zona situando os topónimos recollidos polo alumnado, que está situada na entrada do edificio de Secundaria.
Os topónimos son os nomes dos lugares. Por exemplo son topónimos: A Coruña, Lugo, Monfero, ou O Xestal. Os microtopónimos son o mesmo pero para os lugares pequenos: fincas, leiras, camiños, outeiros, fontes, pedras, árbores, casas… teñen nomes propios que son os chamados microtopónimos.A función dos topónimos é dobre, primeiro teñen a función de nomear os lugares, e segundo teñen a función de localizar estes lugares nunha posición xeográfica con exactitude.
Moitos nomes dos lugares, sobre todo de lugares pequenos non teñen presenza nos mapas nin nos carteis das estradas, pero tamén forman parte da nosa cultura, do noso patrimonio, aínda que inmaterial, e está en perigo de extinción cando desaparezan as persoas maiores que os coñecen e os usan. Por iso pensamos que é importante recollelos, estudalos, conservalos, respectalos e trasmitilos como calquera monumento ou espazo natural e que as parcelarias ou a memoria non nos priven desa riqueza que no noso país é máis abondosa que en calquera outra parte do mundo.
Microtoponimia cpi virxe da cela
View more presentations from satelite1.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)