sábado, 28 de noviembre de 2020

O contacontos Caxoto visitounos no día internacional da eliminación da violencia contra a muller

   O 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende a Biblioteca Castelao  e o EDLG, invitamos a visitarnos ao contacontos Caxoto que nos ofreceu dúas actuacións con esta temática. Primeiramente actuou para a ESO cunha proposta titulada: "Machista eu?", despois actuou para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ca proposta: "Contos vellos novos finais".

Caxoto fai unha recuperación de contos tradicionais e relatos da nosa historia que lle serviron para falarnos  do machismo que está intrincado nos nosos costumes de tal maneira que moitas veces nin tan sequera somos conscientes. Falounos dos micromachismos, que como nos dixo, de "micro", non teñen nada, pasan máis desapercibidos pero son tan daniños como a propia violencia contra a muller.


martes, 17 de noviembre de 2020

FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 2021



No Portal da Lingua Galega dispoñedes de recursos procedentes do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021, moi útiles tanto dentro como fóra das aulas. Podedes ver desde curtametraxes, documentais ou teatro ata videotitoriais sobre xoguetes tradicionais ou Toupiconsellos para os máis pequenos. Atoparédelos en:

XI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

     Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o  Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.



     Este mes en que conmemoramos o Día da Ciencia en Galego tamén vos pode interesar a recompilación de materiais específicos relacionados con este ámbito que se divulgan desde o web da SXPL: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/conmemoracions/ciencia-en-galego. Non esquezades tampouco que, tal e como vos indicamos anteriormente, se vos apetece asistir á videoconferencia da investigadora galega Sonia Villapol debedes anotarvos en: http://www.igaciencia.eu/index.php/gl/node/350, e quen non poida conectarse terá a posibilidade de seguila en streaming na canle de You Tube do CAFI: https://youtu.be/AOCeGlHdlDk.

XXII EDICIÓN DOS ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

Logo do aprazamento do pasado mes de abril, o Consello da Cultura Galega (CCG), co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), retoma, do 13 ao 19 de novembro, a XXII edición dos Encontros para a normalización lingüística, centrados, nesta ocasión, na integración lingüística dos colectivos non galegofalantes de orixe. As gravacións dos relatorios estarán á vosa disposición desde este venres no web do CCG http://consello dacultura.gal/ e na súa canle de You Tube e, a partir do próximo luns, podedes asistir de xeito virtual aos debates correspondentes. O programa e toda a información atópase na seguinte ligazón: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200981.


martes, 10 de noviembre de 2020

CHARLAS SOBRE AS FRAGAS DO EUME. SESIÓN 2

Martes 10 de novembro 2020. Sala UUMM. Impartida por Ángel Prieto (CEIDA) O alumnado de 4º, 5º e 6º EP, nos meses de novembro e decembro, realizarán diferentes roteiros polas Fragas do Eume e pola Costa de Dexo, organizadas polo CEIDA. Nestas saídas coñecerán a flora e a fauna, gozarán da paisaxe e coñecerán a maxia que envolve estes lugares. Antes de que cheguen os días, xa se están preparando para as actividades con charlas informativas que teñen lugar no colexio. Sen dúbida será unha experiencia moi gratificante!



Contextualización Educación Ambiental by veracruces on Scribd

miércoles, 4 de noviembre de 2020

MÓVETE XA! REVISTA DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CPIP VIRXE DA CELA

Acaba de saír o primeiro número da revista Móvete Xa!, iniciativa da mestra de educación física Ruth Varela Mateos. Podedes consultala na súa versión papel (exposición diante da biblioteca Castelao) ou na súa versión dixital. Esta revista está escrita en lingua galega e conta con diversas seccións (entrevistas, debuxos, xogos, receitas saudables, etc) e lanzarase mensualmente. Aínda que é un proxecto realizado polo alumnado de educación primaria, contará tamén coas colaboracións de alumnado de infantil e da ESO, de  profesores/as, das familias e de deportistas profesionais. 




MONFERO ABRE O COLEXIO AOS MOVEMENTOS CIDADÁNS DE RECUPERACIÓN DA CULTURA

Hoxe no xornal La Voz de Galicia, na sección "La Voz de la Escuela", publícase o resultado de meses de investigación do alumnado da ESO e de varios departamentos, que a través da participación no programa "Prensa Escola", traballaron para recuperar a nosa cultura e as nosas tradicións. Desde o EDLG animámosvos a ler as reportaxes (foto con ligazón) e a votar ao noso centro para que pase á seguinte fase do concurso.

 



Para acceder á versión dixital  e á votación preme a seguinte imaxe: 



martes, 3 de noviembre de 2020

CHARLA SOBRE AS FRAGAS DO EUME

Martes 3 novembro 2020. Alumnado 5º e 6º EP. UUMM
Actividades CEIDA: Saída as Fragas do Eume e Mariña terras coruñesas O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á conservación.