Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2024. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2024. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de mayo de 2024

CANTO SABES DE LUÍSA VILLALTA?

 Afundación Obra Social ABANCA quere compartir con toda a comunidade educativa unha actividade interactiva das Letras Galegas 2024 dedicada a Luísa Villalta. Se premedes na imaxe poderedes acceder a catro categorías diferentes para que poidan participar os escolares de todas as idades e adultos.




lunes, 13 de mayo de 2024

PANEIS EXPOSITIVOV LETRAS GALEGAS 2024: LUISA VILLALTA

 


Achégase o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Luisa Villalta. Nos corredores do edificio de educación secundaria podedes visitar a exposición gañador do concurso Letras Galegas 2024, titulada "Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta", e realizada polo centro de FP A Carballeira (Ourense). A proposta deste centro é innovadora, amosando a protagonista das Letras Galegas, Luísa Villalta, coma un avatar que convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, unha realidade virtual na que se dispoñen imaxes, recursos e actividades educativas. 



Por outra banda podedes visitar outro panel expositivo situado no patio cuberto, no que Luisa Villalta está retratada como poeta e como música, acompañada polo seu violín, e rodeada de versos poéticos e figuras musicais. 

miércoles, 18 de octubre de 2023

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2024

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu. Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación. 

 Categoría A: educación infantil e primaria 

Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial 


Convocatoria Concurso Exposicion Letras Galegas 2024 by veracruces on Scribd