Este venres 21 de maio celebrarase na Casa de Cultura de Vimianzo o programa especial de RTV Enxebre, a rede de radio e televión que dá voz a infancia. Este proxecto de Ayuda en Acción reunira ao tres colexios participantes - CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos) e CEIP Labarta Pose (Zas)- nunha experiencia que servira para poñer o ramo á formación en radio e televisión que recibiran dentro dunha iniciativa que procura dotar de máis e mellores ferramentas aos centros de ensino ubicados no rural. O programa, centrado nos dereitos dos nenos e nenas, contará coa partipación de Mónica Viqueira, vogal da POIG (Plataforma de organizacións de Infancia de Galicia), Beatriz Varela (Delegada de Ayuda en Acción en Galicia) e Alicia López, da Rede Galega de educación e desenvolvemento rural. RTV Enxebre conta co apoio de Fundación Repsol e Fundación La Caixa, desenvolvido por Laboratorio de Radio.
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos dos nenos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos dos nenos. Mostrar todas las entradas
viernes, 21 de mayo de 2021
RTV ENXEBRE: PROGRAMA RADIOFÓNICO SOBRE OS DEREITOS DOS NENOS/AS
En palabras de Camino Pereiro, directora do CPIP Virxe da Cela e participante no evento, "a experiencia estivo xenial, destacando os valores de cooperación e de solidariedade propios do medio rural. Ademais aprendemos que o importante é o respecto á dignidade das persoas e da infancia e que todos os nenos e nenas teñen dereito a ter identidade, educación e calidade de vida independentemente do seu lugar de nacemento.
Ademais, do valor das ONG e de aquelas entidades que loitan pola responsabilide compartida na consecución destes dereitos. Neste senso, Mónica Viqueira, vogal da POIG (Plataforma de organizacións de Infancia de Galicia) e Beatriz Varela (Delegada de Ayuda en Acción en Galicia) amosaron o compromiso das entidades que representan para unha acción efectiva ante estas situacións.
Por outra banda, Alicia López Pardo, en representación da Rede Galega de educación e desenvolvemento rural, fixo fincapé na necesidade de atender ás singularidades dos nenos e nenas do rural que precisan dunha igualdade de oportunidades efectiva para ser os e as futuras baluartes dun desenvolvemento endóxeno sustentable baseado na xustiza social que tanto precisa o rural galego.
Tamén destacar a presenza na gravación da concelleira de cultura do concello de Vimianzo.
Para o alumnado, a gravación deste programa, supuxo unha inxección de autoestima ao ver cómo son quen de participar ao mesmo nivel con nenos e nenas doutros colexios... foi de admirar o respecto que en todo momento mostraron polo traballo dos outros centros participantes. Todos eles deron un bo exemplo de responsabilidade e goce polo traballo ben feito.
Grazas ás intervencións das diferentes convidadas o alumnado puido comprobar a importancia que ten cultivar e conservar a lingua galega e a cultura que se agocha nas pequenas aldeas espalladas por toda Galicia, porque esas costumes, esa cultura forman parte do máis íntimo do noso ser e confórmanos como pobo". Camino Pereiro
sábado, 12 de diciembre de 2015
CONTACONTOS NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
O 10 de decembro celebrouse o Día dos Dereitos Humanos, e para conmemorar
esta data tan importante os alumnos e alumnas da ESO realizaron unha actividade
de contacontos para os nenos e nenas de infantil e primaria.
A través do conto “Antón, o neno que
non quería ir á escola”, descubrimos
á importancia do Dereito á Educación, o que supón non saber ler nin escribir e a sorte
que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas.
Tamén nos axuda a comprender que debemos
aproveitar a oportunidade que temos de ir á escola e esforzármonos por
aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o protagonista do noso
conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que descubríu o importante
que era saber ler.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á educación está ampliamente recoñecido en numerosas Convencións e
Tratados Internacionales, hay 57 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non van á escola
e outros tantos reciben unha educación
discontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen.
Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos ao mesmo tempo o incumplimento do Dereito á
Educación que se está a dar en tantas partes do mundo.
E para rematar a actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron a cada
unha das aulas cunha pequena semente que
simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente, despois de
cuidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que recibamos cada un de nós.
Dar as grazas as alumnas de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa (Ana Martínez,
Mayolla Martínez, Paola Toribio, Alba Teijeiro e Lara Rey) que foron as que
crearon e ilustraron o conto de Antón e o compartiron con nós.
O CPI Virxe da Cela e o CPI Conde de Fenosa
colaboran no intercambio de materiais, recursos e actividades, así como na
realización de actividades dinamizadoras.
Etiquetas:
Antón,
contacontos,
dereitos dos nenos,
o neno que non quería ir á escola
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





