lunes, 31 de mayo de 2021

O QUE NON SE NOMEA NON EXISTE

    O alumnado de 2º de EP continuamos co proxecto iniciado en cursos anteriores co que se pretende dar visibilidade ás mulleres. Este curso, retomamos mulleres que traballamos o curso pasado pero que por mor da pandemia non puidemos incluír no noso mural, como foron Rosalía de Castro, Isabel Zendal ou María Pita.

    Ademais, coñecimos a Jane Goodall e a súa investigación sobre os chimpancés, a vida e a obra de Frida Khalo e a Belén Toimil, atleta de Mugardos que quedou sétima este ano no Europeo de lanzamento de peso en pista cuberta.

 






 

SAÍDA A SOTAVENTO DO ALUMNADO DE 1º CICLO EP

 

 






PODCAST XELA ARIAS

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI Virxe da Cela de Monfero reflexiona sobre a importancia de lembrar as persoas que xa non están. Teñen que responder ás seguintes preguntas: Por que temos que recordar as persoas que xa non están? Que podemos facer para que nos recorden? Despedir a unha poeta, despedir a Xela Arias...como o fariades? Inspirámonos no libro de Emma Pedreira e Laura Romero,‘Xelarias, Palabra a intemperie’ (Baía Edicións) e as preguntas que lanzan sobre como despedir a Xela Arias. Unha produción de RTV Enxebre, un proxecto de Ayuda en Acción, co apoio de Fundación Repsol e Fundación La Caixa e desenvolvido por Laboratorio de Radio.

 

O alumnado de 3º de Primaria do CPI Virxe da Cela celebran o Día das Letras Galegas 2021 cun concurso sobre a homenaxeada: Xela Arias. Un xeito de aprender divertido, traballando en equipo e que nos achegou a figura da poeta, tradutora e editora que foi Xela Arias. RTV Enxebre é un proxecto de Ayuda en Acción, co apoio de Fundación Repsol e Fundación la Caixa. Desenvolve Laboratorio de Radio.


viernes, 28 de mayo de 2021

ESPAZO DE XOGOS MATEMÁTICOS

Xogos matemáticos para aprender en compañía

Os xogos matemáticas son unha estratexia lúdica para aprender sen tensións e compartir. Superarse convertese nun obxectivo persoal. Tamén, permiten identificar os coñecementos grazas xa que poñen a proba o aprendido. Descubrir as magnitudes e as súas medidas, diferentes figuras xeométricas, o cálculo e o razoamento lóxico son unha constante.

Desta forma, os puxemos en marcha con obradoiros nos que o alumnado de 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria desenvolveron ás súas capacidades.

Os de 4º con xogos propios da aula e os de 5º e 6º contando coas propostas de Crecer creand@.


FESTIVAL DOS MAIOS NO CPIP VIRXE DA CELA

Faltando soamente un par de días para rematar o mes de maio no CPIP Virxe la Cela poidemos facer un fermoso e colorido Festival dos Maios para darlle a benvida á primavera. A climatoloxía permitiunos xuntar na zona exterior onde aparcan os buses a todo o alumnado de educación infantil e educación primaria, seguindo como está establecido no protocolo as medidas de distancia e seguridade. Quedará para o arquivo e para a memoria as fotografías deste festival dos Maios tan atípico mostrando ao alumnado de 4º da ESO e ás profesoras Rosalía Regueiro e Laura Ferro danzar con mascarillas sanitarias a xa tradicional Danza das Fitas. Contamos tamén coa presencia e participación de Bruno Villamor, profesor da Asociación de Folclóricos Virxe da Cela, e de Diana Caruncho, exalumna do centro e integrante desta asociación, que guiaron e acompañaron na gaita, tamboril e pandeireta as actuacións dos nenos e nenas do noso cole que asisten a clases de música tradicional galega con este profesor. Esperamos poder seguir celebrando ano tras ano esta xuntanza artística e musicada, e intuímos que será posible tendo preparado xa o relevo con estes pequenos músicos/as tan talentosos!







jueves, 27 de mayo de 2021

ENTREVISTA A JOHAN PALMA

Johan Palma leva connosco desde o mes de outubro, traballando no colexio CPIP Virxe da Cela como auxiliar de conversa. Todos os xoves algúns alumnos/as de 4º da ESO tivemos a gran oportunidade de poder traballar con el na asignatura de Música Bilingüe. Con Johan aprendimos xogando, traéndonos todas as semanas actividades novas vinculadas coa tecnoloxía e coa música ao mesmo tempo. Ademais vímonos forzados a poñer en práctica o inglés que tantos anos levamos estudando, para poder facer algo tan sinxelo a simple vista como pode ser comunicarnos con outro ser humano, e aínda por riba ter a sorte de poder manter unha conversa (ou polo menos intentalo), cunha persoa nativa, o que nos aporta unha mellora na pronunciación, na audición e na escritura da lingua, así como na socialización con xente distinta a nós. Sobre Johan sabemos moitas cousas que el mesmo nos contou, pero a través desta entrevista coñecerémolo moito mellor...



Entrevista Johan Palma Maquetada by veracruces on Scribd

martes, 25 de mayo de 2021

OBRADOIRO DE GRAFITI

Durante a última semana do mes de maio o alumnado de 4º da ESO tivo a sorte de recibir unha clase maxistral de graffiti da man de Iria Fafián, unha ilustradora nada en Cataluña e crecida en Galicia. Tres días foi o que esta artista e máis a súa alumna en prácticas necesitaron para poñer en marcha o proxecto que foi organizado a través do departamento de Plástica. O que comezou por un pequeno bosquexo nun papel acabou converténdose nun mural marabilloso co que todos e todas quedaron encantados. Os rapaces e rapazas de 4º ESO puideron observar e participar no deseño dende o primeiro momento. Aprenderon cousas tan cruciais no graffiti como a imprimación, a complexidade dos trazos e, por suposto, os detalles finais. Ver a evolución do debuxo foi impresionante ! É todo un orgullo para nós poder ter unha obra de arte na porta do noso cole. Espazo de traballo: parte de hormigón da parede que está fronte ao pavillón.















viernes, 21 de mayo de 2021

ENSAIOS PARA ACTUACIÓN DOS MAIOS

 O alumnado de 4º da ESO, ao que se lle une unha representación do profesorado (grazas Rosalía e Laura polo voso apoio e participación) continúan os ensaios da danza de fitas, que interpretaremos o vindeiro venres 28 de maio ao aire libre, contando coa presenza dun público miúdo...







EXPOSICIÓN TRABALLOS ARTÍSTICOS SOBRE OS MAIOS: CREANDO ARTE EFÍMERA

Traballos composición-collage con elementos naturais elaborados polo alumnado de primaria en relación á celebración das tradicións dos Maios. Forma parte do proxecto Creando Arte Efímera que se levou a cabo no mes de maio.





GRUPO ESCOLAR DE MÚSICA TRADICIONAL

 Nerea, Sonia, Marta e Felipe, alumnos de 4º da ESO, e membros do Grupo Escolar de Música Tradicional

Aproveitamos estes días soleados para realizar os ensaios ao aire libre do repertorio tradicional galego.

RTV ENXEBRE: PROGRAMA RADIOFÓNICO SOBRE OS DEREITOS DOS NENOS/AS

    Este venres 21 de maio celebrarase na Casa de Cultura de Vimianzo o programa especial de RTV Enxebre, a rede de radio e televión que dá voz a infancia. Este proxecto de Ayuda en Acción reunira ao tres colexios participantes - CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos) e CEIP Labarta Pose (Zas)- nunha experiencia que servira para poñer o ramo á formación en radio e televisión que recibiran dentro dunha iniciativa que procura dotar de máis e mellores ferramentas aos centros de ensino ubicados no rural. O programa, centrado nos dereitos dos nenos e nenas, contará coa partipación de Mónica Viqueira, vogal da POIG (Plataforma de organizacións de Infancia de Galicia), Beatriz Varela (Delegada de Ayuda en Acción en Galicia) e Alicia López, da Rede Galega de educación e desenvolvemento rural. RTV Enxebre conta co apoio de Fundación Repsol e Fundación La Caixa, desenvolvido por Laboratorio de Radio.


     En palabras de Camino Pereiro, directora do CPIP Virxe da Cela e participante no evento, "a experiencia estivo xenial, destacando os valores de cooperación e de solidariedade propios do medio rural. Ademais aprendemos que o importante é o respecto á dignidade das persoas e da infancia e que todos os nenos e nenas teñen dereito a ter identidade, educación e calidade de vida independentemente do seu lugar de nacemento. Ademais, do valor das ONG e de aquelas entidades que loitan pola responsabilide compartida na consecución destes dereitos. Neste senso, Mónica Viqueira, vogal da POIG (Plataforma de organizacións de Infancia de Galicia) e Beatriz Varela (Delegada de Ayuda en Acción en Galicia) amosaron o compromiso das entidades que representan para unha acción efectiva ante estas situacións. Por outra banda, Alicia López Pardo, en representación da Rede Galega de educación e desenvolvemento rural, fixo fincapé na necesidade de atender ás singularidades dos nenos e nenas do rural que precisan dunha igualdade de oportunidades efectiva para ser os e as futuras baluartes dun desenvolvemento endóxeno sustentable baseado na xustiza social que tanto precisa o rural galego. Tamén destacar a presenza na gravación da concelleira de cultura do concello de Vimianzo. Para o alumnado, a gravación deste programa, supuxo unha inxección de autoestima ao ver cómo son quen de participar ao mesmo nivel con nenos e nenas doutros colexios... foi de admirar o respecto que en todo momento mostraron polo traballo dos outros centros participantes. Todos eles deron un bo exemplo de responsabilidade e goce polo traballo ben feito. Grazas ás intervencións das diferentes convidadas o alumnado puido comprobar a importancia que ten cultivar e conservar a lingua galega e a cultura que se agocha nas pequenas aldeas espalladas por toda Galicia, porque esas costumes, esa cultura forman parte do máis íntimo do noso ser e confórmanos como pobo". Camino Pereiro






sábado, 15 de mayo de 2021

Parroquia Ferraganchos: espazo para aprender creando

Este curso escolar a creatividade foi a palabra clave. A entrelazamos cos medios e recursos dixitais para coñecer o funcionamento dos obxectos e dos medios tecnolóxicos e ver como os mesmos son parte da nosa realidade. Coas mesmas demos valor ás potencialidades e superamos as dificultades cooperando, Fíxate nas propostas e descubre un montón de novas posibilidades.

 












jueves, 13 de mayo de 2021

RADIO ITINERANTE CREATIVA NO CPIP VIRXE DA CELA

 

O CONTO DO PARRULIÑO: Quen dixo que en 1º de Educación de Primaria non se podía facer un podcast? Velaí o exemplo. Do primeiro encontro do alumnado coa radio escolar, emerxe este conto sobre un parruliño. A música: SaloonRag podes encontrala en audionautix, é CCby.  

OS ANIMAIS QUE SOÑABAN IR A BICHOLANDIA. Quen dixo que en 2º de Educación de Primaria non se pode facer un podcast. Este é un exemplo. O conto dun pitiño, dun parruliño e dunha viaxe a un fermoso lugar chamado bicholandia. A música ´é CC e foi descargada de Audionautix. Se a queredes localizar, o seu nome é Rags2RichesRag.
   

A LIBERDADE ROUBADA: Esta é unha historia creada por 4º de primaria do CPI Virxe da Cela de Monfero. Parte dunha reflexión sobre a violencia de control e sobre as distintas manifestacións da violencia de xénero. A música empregada é Ghosts II de crowander e descargada de https://freemusicarchive.org/
 

 AS PITAS BAIXO A CHOIVA: O CPI Virxe da Cela e Laboratorio de Radio presentan esta adaptación sonora libre de 'As pitas baixo a choiva' 🐓 de Ricardo Carvalho Calero. O autor, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020, forma parte desta divertida historia.

EXPOSICIÓN SOBRE XELA ARIAS NO CPIP VIRXE DA CELA

O luns 17 de maio de 2021 festaxamos o Día das Letras Galegas, adicado este ano á figura de Xela Arias. Se visitades os corredores do noso cole poderedes ver gran cantidade de traballos que os rapaces e rapazas de educación infantil e educación primaria prepararon en torno a autora homenaxeada. 









lunes, 10 de mayo de 2021

CHARLA ORIENTACIÓN ACADÉMICA E LABORAL

 

     O pasado venres 7 de maio, o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo información sobre diferentes posibilidades para o seu futuro. Dende Xefatura e o Departamento de Orientación organizouse unha sesión na que amosar en primeira persoa diversas saídas que interesan ao noso alumnado: diferentes ramas de saber universitario e ensinanzas de réxime especial. Debido a un imprevisto de última hora, non se puido contar con representantes de FP, pero quedou pendente para mellor momento.  
      Sofía Pena, antiga alumna, está rematando Psicoloxía e contounos como se organiza a súa carreira e as diferentes posibilidades que ten. Yaiza Fernández, tamén antiga alumna e compañeira do comedor, explicounoss como de decantara pola Tradución e a Interpretación. Ademais, animou ao alumnado de 3º e 4º a non desanimarse ante as dificultades que poida deparar o Instituto, posto que con esforzo e traballo, poderán superalas. 
     Como hai alumnado moi interesado nas posibles saídas relacionadas co mundo do deporte, Diego e Ruth, os especialistasd e Educación Física do centro, contáronnos todas as posibilidades formativas e laborais que ten o mundo deportivo e que son moi amplas e, ás veces, pouco coñecidas. Desde ciclos medios ao doutoramento, pasando por entrenadorxs de distintos deportes, por exemplo, hai opcións para todos os gustos. 
    Por último, Sergio Villasante falounos das menos coñecidas ensinanzas de réxime especial, en concreto das que teñen que ver co deseño. As posibilidades neste ámbito tamén son moitas xa que, como el mesmo comentou "todo nesta vida se deseña". Ademais, insistiu ao alumnado en que escollan para o seu futuro algo do que podan desfrutar. 
    Felipe e Sonia actuaron como mestres de cerimonias e encargáronse de preparar a aula para poder celebrar esta xornada cumprindo con todas as medidas de seguridade.
 
 


 

 

viernes, 7 de mayo de 2021

PREPARACIÓN DOS MAIOS NO CPIP VIRXE DA CELA

Coa chegada do mes de maio alumnado e profesorado do centro tratará de continuar coa xa tradicional celebración dos Maios, a pesares de que este ano non será factible realizar un festival, tal como se facía en anos anteriores. Os nenos e nenas de EI e EP están realizando un traballo de investigación que derivará nunha práctica de "Land Art", utilizando materiais naturais (flores, pedras, ramas, etc) para a creación dunha obra artística. Os rapaces e rapazas de 4º da ESO comezou os ensaios dunha coreografía da Danza das Fitas, iniciativa á que tamén se uniron varias profesoras da ESO. Nas vindeiras semanas realizarase unha gravación en video para que desde as vosas casas podades disfrutar da súa visualización. 



jueves, 6 de mayo de 2021

II CONCURSO DE MICRORRELATOS DA BIBLIOTECA CASTELAO

Dende a Biblioteca Castelao e o Equipo de Dinamización Lingüística lanzamos o II Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

      Aquí podedes consultar as BASES.  ANIMÁDEVOS A CREAR!!!

II Concurso de Microrrelatos Biblioteca Castelao 

RETRATO CON LIBRO: CONCURSO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Dende a Biblioteca Castelao propoñémosvos, ao igual que o ano pasado, participar na actividade: "Retrato con libro" 

Dirixida a: Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela: alumnado, familias e persoal docente e non docente. 

Tema: A actividade consiste en facer unha foto na que apareza retratado o/a propio/a autor/a xunto cun libro, un disco ou un CD. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior. Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada: continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro... En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía. Poden colaborar con vós para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”. 

Técnica: Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas. As fotos deben ser enviadas ao correo da biblioteca

Data: A data límite de entrega é ata o 17 de maio de 2021, Día das Letras Galegas. 

Exposición: As fotos presentadas serán subidas ao blog da biblioteca e á páxina web do centro. Ademáis farase unha exposición cas fotos impresas na biblioteca.


Podedes consultar as propostas da pasada edición: 

Libro Autorretratos 19-20 by veracruces on Scribd

REVISTA MÓVETE XA! Nº 7, ABRIL 2021

Xa tedes á vosa disposición o novo número da revista de Eduación Física "Móvete Xa!", correspondente ao mes de abril 2021

7º Ejemplar_móvete Xa_ Galego by veracruces on Scribd