Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín 2020. Mostrar todas las entradas

sábado, 31 de octubre de 2020

SAMAÍN NO CPIP VIRXE DA CELA

A falta dunha celebración conxunta do Samaín de todo o centro, este año traballarase con propostas a nivel de aula, e deste xeito seguir apostando pola recuperación de festas de carácter popular ou tradicional. Os pequenos/nas de infantil participarán nunha terrorífica Festa do Medo, nas aulas de primaria realizaranse debuxos e recollida da tradición oral, a biblioteca escolar ambientarase coas aportacións da proposta "Palabras que dan Medo". Estas son entre outras as actividades que se están a celebrar no CPI Virxe da Cela.








Festa do Medo. EI. Venres 30 outubro 2020.

jueves, 29 de octubre de 2020

RECURSOS DIDÁCTICOS SAMAÍN E MAGOSTO

 

Achégamos unidades didácticas para infantil e primaria de Samaín 2020 e do Magosto 2020, elaboradas polos EDLG de varios centros de ensino da Coruña, con diferentes textos, actividades e manualidades por se vos son de utilidade para celebrar estas dúas festas. Saúdos


SAMAÍN 2020 by veracruces on Scribd

miércoles, 28 de octubre de 2020

SAMAÍN NA BIBLIOTECA CASTELAO

 

 Un ano máis, chega a primeira festa do curso, unha festa que nos atrapa a todos polo misterio e a fantasía que a acompañan: O Samaín🎃👿👻

Máis este curso a celebración vai ser un pouco diferente xa que o maldito COVID-19 💀está a conseguir que non poidamos  reunirnos para facer as actividades que tanto nos gustaban, como a decoración de portas de medo, o concurso de cabazas…Aínda así, non deixamos de argallar cousas para celebrar esta data.

Desde a biblioteca Castelao propuxémosvos a creación de ilustracións con palabras que dan medo para facer unha exposición na biblioteca. E aquí tedes as imaxes na porta de entrada, como antesala ao ceo de pantasmas devoradores de libros que pululan pola biblio.👻👻👻


Ahhhh!, e lembrade que tedes na biblio un montón de lecturas e libros de medo....medo???, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!


martes, 13 de octubre de 2020

PALABRAS QUE DAN MEDO

Iniciativa da Bibliteca Castelao para celebrar o Samaín. "Palabras que dan medo" é unha actividade que consiste en imprimir creacións sobre o Samaín e expoñelas na biblioteca. Trátase de crear unha imaxe segundo estas instrucións: Nun folio ou nunha lámina DIN A4, escribir unha palabra ou frase curta que provoque medo e acompañala cunha ilustración ao respecto. A ilustración pode ocupar toda a lámina e superpoñer o texto. Tamén pode tratarse, simplemente, de unha imaxe que acompaña ao texto. Pódese facer en sentido vertical ou horizontal. Pódese aplicar calquera tipo de técnica, tamén se pode facer enteira por ordenador.