jueves, 23 de abril de 2015

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO









       O 23 de abril de 1616 foi data do falecemento de dúas grandes figuras da literatura mundial: o español Miguel de Cervantes e o británico William Shakespeare. Esta data foi elixidas para celebrar o Día Internacional do Libro, unha conmemoración internacional promovida pola UNESCO desde o ano 1995. Tamén se supón o 23 de abril como o día da morte de San Xurxo (no ano 303), un santo que foi moi venerado na idade media como un símbolo do triunfo do ben sobre o mal. Existen moitas lendas que asocian a San Xurxo montado sobre un cabalo branco e dando morte a un dragón. 

       O CPI Virxe da Cela quixo sumarse a esta conmemoración levando a cabo un acto simbólico o pasado xoves 23 de abril de 2015, convocando a todo o alumnado e profesorado do centro para facer a entrega de premios de diplomas do “Concurso de dragóns” (organizado polo departamento de plástica en relación ao proxecto Dragal, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega) e uns fermosos marcapáxinas cun lema que potencia a lectura e unha representación de San Xurxo.


miércoles, 22 de abril de 2015

CONCURSO DE RELATO ORAL "TÍRALLE DA LINGUA"

Lembrámosvos que o día 22 de abril, remata o prazo para inscribir ao voso centro no concurso de relato oral "Tíralle da lingua". Aínda estades a tempo de animar ao alumnado a participar neste concurso que pretende fomentar o uso oral do galego entre a xente moza. Para inscribirse, só é necesario mandar un e-mail a informacion@as-pg.com.

jueves, 16 de abril de 2015

LENDAS DA PONTE DO PORCO








En pleno século XXI, época na que os humanos pasamos grande parte das nosas vidas relacionándonos e  interactuando con máquinas e dispositivos en lugar de facelo cos nosos iguais, César Cambeiro ensinou unha valiosísima lección ao alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela: a importancia de saber falar, comunicarse e dominar a arte das palabras.

Partindo da historia que se narra no libro Dragal I: a herdanza do dragón, escrito por Elena Gallego Abad e que constitúe o fío condutor do Proxecto Dragal (coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística e no que participan diferentes departamentos), César Cambeiro mergullouse no fantástico mundo das lendas, da mitoloxía, dos seres fantásticos, das crenzas e supersticións, etc… Toda unha enciclopedia de saber, o noso patrimonio inmaterial, unha importante fonte de riqueza que debemos de valorar, respectar e axudar a transmitir para que siga viva nas vindeiras xeracións.

Un prato cociñado con moita retranca e humor galego e condimentado tamén con esencia poética, que puidemos saborear durante as dous sesións de tarde do xoves 16 de abril de 2015 nunha intensa actuación na que César Cambeiro puxo toda a carne no asador, e de que maneira…!  A intensidade da actuación subía e baixaba como unha montaña rusa, e mesmo o público retorcíase a gargalladas para pasar, ipso facto, a un estado de sutil encantamento  ollando sen palpebrar e escoitando con máxima atención os versos de amor de Roxín Roxal á súa amada Tereixa, protagonistas dunha fermosa lenda ambientada na Ponte do Porco, lugar onde o noso coñecido río Lambre únese á inmensidade da mar.  







lunes, 13 de abril de 2015

GALICIENCIA 2015



Dende o 1 de abril, e ata o 30 de xuño está aberto o prazo para a recepciónde propostas do deseño do que será a mascota oficial de Galiciencia 2015.Animádevos a participar, está aberto a todos os públicos, e o premio é unha cámara deportiva de vídeo e foto! Podedes ver as bases de participación napáxina web da Galiciencia www.galiciencia.com. Aquí podedes ver todas as actividades que terán lugar antes e durante a Galiciencia. Se clicades na imaxe inferior poderedes acceder directamente ás bases da convocatoria.