martes, 28 de junio de 2016

XOGOS POPULARES

Deixamos neste espazo un simpático traballo elaborado polo alumnado de educación infantil do CPI Virxe da Cela, baseado nos xogos tradicionais e populares. Para realizar esta investigación os nenos e nenas contaron coa colaboración dos seus familiares e veciños.

 

jueves, 23 de junio de 2016

PREMIO AO CPI VIRXE DA CELA "APRENDE PROGRAMANDO"

Parabéns ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria do CPI Virxe da Cela e ao seu profesor de Scratch Jon Penas polo seu reciente premio de programación. Presentaron un interesantísimo proxecto sobre o Camiño de Santiago na convocatoria do concurso "Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch" organizado pola Axenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) dentro do programa Aprendo Programando do Plan Proxecta.








QUÉDATE NO RURAL

Traballo elaborado polo alumnado de 3º da ESO, para revalorizar o rural.É unha especie de decálogo recollendo certos aspectos que caracterizan tanto ao rural como ás personas que nel habitan. Cremos que valorar o que temos é o primeiro paso para protexelo e garantilo para as futuras xeracións.

FLORA E FAUNA DAS FRAGAS DO EUME

Traballo realizado polo alumnado de 1º de educación primaria.

ROMARÍAS DA CELA E DE SAN COSME

Traballo elaborado polo alumnado de 2º de educación primaria

ARQUITECTURA POPULAR

Moitas veces o que temos máis preto é o máis descoñecido. É primordial non perder as nosas tradicións ancestrais. As nosas festas, usos, costumes… forman parte da nosa vida. Por isto os nenos e nenas de 2º estiveron a traballar: o hórreo, o carro, o arado, a lareira e o cruceiro. Describiron que son, para que serven, debuxáronos escribindo os nomes das súas partes, recolleron fotografías da zona (Monfero e Irixoa) e ditos ou refráns relacionados cos mesmos. Seguirán, en breves, con: As romarías e festas; nosa gastronomía; os refráns, ditos e expresións, etc. Este traballo está emarcado dentro do proxecto "Móvete" (Plan Proxecta)

miércoles, 22 de junio de 2016

"A ALDEA DA MIÑA INFANCIA", PEPE DOPICO





     

Pepe Dopico, antigo mestre do CPI Virxe da Cela, visitou o centro o mércores 22 de xuño para presentar o seu libro “A aldea da miña infancia”, obra recentemente publicada a través do Concello de Paderne e a Deputación da Coruña. 
      Se ben o obxectivo inicial da charla era falar desta obra que relata a súa infancia nunha pequena aldea do rural galego alá polas décadas do 30 e 40 do pasado século, Pepe quixo transmitir a todo o público alí presente, principalmente mozos e mozas de educación secundaria, a importancia de achegarse aos nosos maiores para empaparse dos seus coñecementos e experiencias na vida, e valorar a estes “transmisores” do noso patrimonio inmaterial. 
     Ademais de abordar a súa faceta de escritor, Pepe Dopico narrou numerosas anécdotas acontecidas na súa etapa dedicada á docencia, así como a súa experiencia percorrendo en varias ocasións o Camiño de Santiago, como xornalista no periódico comarcal ou as súas incursións no mundo da televisión a través de varios spots publicitarios. Tamén deixou constancia da súa enorme paixón pola poesía recitando cunha espectacular memoria á nosa grande poetisa por excelencia, Rosalía de Castro. 
    Quedámonos coa mensaxe final deste home de 82 anos que destaca pola súa vitalidade e positivismo: debemos, ante todo, tratar de ser felices, e aproveitar todas “as cousas boas da vida”.

martes, 21 de junio de 2016

"GALICIA: LITERATURA E AUGA"

     O xornal “La voz de Galicia” convocou por segundo ano un concurso de fotografía para escolares, no que se lles pide a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso. 
    A actividade levouse a cabo co alumnado de 5º e 6º EP e alumnado de EPV da ESO. Foi un traballo individual que comezaron na clase e que levaron como tarefa para rematar na casa nas vacacións de Semana Santa. O Concurso tiña por obxecto a realización dunha fotografía da paisaxe galega na que tivera un certo protagonismo a auga. Ademais tiñan que seleccionar un pasaxe literario que gardara relación ca imaxe e presentalas xuntas xustificando a súa selección e o que se pretende transmitir. 
     Ademais de enviar os traballos dos alumnos ao concurso fixemos nos corredores do colexio a unha exposición dos mesmos e tamén se subiron nos blogs do colexio. Para a celebración das letras galegas fixemos un traballo que unifica paisaxe e literatura. Aproveitamos a convocatoria do concurso de "La Voz de Galicia" para sacar as cámaras na nosa contorna buscando algún motivo no que a auga fora a protagonista, ao mesmo tempo o alumnado tiña que poder relacionar a imaxe con algunha obra de relevancia da literatura galega. Este é o resultado dalgúns dos traballos presentados:




lunes, 20 de junio de 2016

OBRADOIRO ARTES ESCÉNICAS CON XOAN CURIEL





O alumnado de educación primaria tivo a oportunidade de achegarse dunha maneira lúdica  ao mundo das artes escénicas a través dun divertido obradoiro impartido o luns 20 de xuño de 2016 na biblioteca do CPI Virxe da Cela por Xoan Curiel. Este artista galego, nacido en Fonsagrada e afincado en Santiago, mostrou a súas dotes como comunicador, actor e músico arrancando sorrisos entre os nenos e nenas e facéndoos quedar en ocasións boquiabertos. Esperemos que todo o aprendido serva para potenciar o talento, a creatividade e a oralidade do noso alumnado. 



viernes, 17 de junio de 2016

CONTACONTOS "NI FU NI FA"

O xoves 16 o alumnado de educación infantil e 1º, 2º e 3º de primaria fomos a ver a actuación "Claro que si", do dúo Ninfu Ninfa, na que dous duendes nos contaban a historia que contiña un libro máxico. Nesta historia participan diferentes personaxes coma a avelaíña Anastasia ou o rato Honorato, que a ritmo de blues ou de rock nos van ensinando todo o que podemos aprender nos libros e a importancia de respectar a natureza.


miércoles, 15 de junio de 2016

VÍDEO 40 ANOS VIVINDO A ESCOLA

CERTAME OUFF-ESCOLA 2016

Un ano máis, celebrarase na cidade de Ourense a VII edición de OUFF Escola. Este certame de creación audiovisual, promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, forma parte das actividades cinematográficas do Festival de Cine Internacional de Ourense.

 

martes, 7 de junio de 2016

OS OFICIOS DA NOSA CONTORNA

O alumnado de 1º e 2º de EP, xunto coas súas titoras e a mestra de inglés, traballaron os oficios típicos da zona. A actividade levouse a cabo durante o 2º e o 3º trimestre. Cada neno/a coa axuda da súa familia elaborou unha ficha na que figura o nombe do traballo, un debuxo do mesmo e unha breve descrición da actividade que se realiza nel. Posteriormente, na aula de inglés investigouse sobre os nomes dos distintos oficios na lingua estranxeira e engadíronse á ficha inicial. Finalmente, elaborouse un mural cos orixinais e fixemos un libro para cada neno.

 

lunes, 6 de junio de 2016

ESPECIAL RADIOFÓNICO LETRAS GALEGAS 2016

3º da ESO e 4º de Primaria unidos pola radio. Traballan xuntos temáticas relacionadas con Manuel María, homenaxeado neste 2016 nas Letras Galegas. Isto da como resultado o seguinte programa que poden escoitar premendo no play.

jueves, 2 de junio de 2016

CREAMOS AUDICONTOS:A RATIÑA PRESUMIDA

Este curso algúns dos profesores do  noso centro estivemos a realizar un curso de formación sobre a utilización das novas tecnoloxías audiovisuais. Aprendemos o uso de distintos recursos e programas para utilizar como ferramentas educativas. E como veredes a continuación, algo aprendimos. Deixámosvos unha das nosas producións. Vede que chulo nos quedou o conto de "A ratiña presumida". Seguro que aos pequerrechos gustaralle moito!!!