O xornal “La voz de Galicia” convocou por segundo ano un concurso de fotografía para escolares, no que se lles pide a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso.
A actividade levouse a cabo co alumnado de 5º e 6º EP e alumnado de EPV da ESO. Foi un traballo individual que comezaron na clase e que levaron como tarefa para rematar na casa nas vacacións de Semana Santa.
O Concurso tiña por obxecto a realización dunha fotografía da paisaxe galega na que tivera un certo protagonismo a auga. Ademais tiñan que seleccionar un pasaxe literario que gardara relación ca imaxe e presentalas xuntas xustificando a súa selección e o que se pretende transmitir.
Ademais de enviar os traballos dos alumnos ao concurso fixemos nos corredores do colexio a unha exposición dos mesmos e tamén se subiron nos blogs do colexio.
Para a celebración das letras galegas fixemos un traballo que unifica paisaxe e literatura. Aproveitamos a convocatoria do concurso de "La Voz de Galicia" para sacar as cámaras na nosa contorna buscando algún motivo no que a auga fora a protagonista, ao mesmo tempo o alumnado tiña que poder relacionar a imaxe con algunha obra de relevancia da literatura galega. Este é o resultado dalgúns dos traballos presentados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario