Este curso desde a materia de relixión, tomando como referencia o proxecto deste ano do noso cole que se titula “Somos Auga”, realizamos unha investigación sobre as Fontes Milagreiras que se atopan na nosa contorna. A nosa investigación levounos a recoñecer tradicións populares da nosa cultura, a coñecer a importancia da auga para a saúde das persoas e a súa relación coas costumes e tradicións relixiosas, como por exemplo as romarías aos santuarios de augas milagreiras.
Tamén fomos, coa nosa profe Begoña, visitar a Fonte de Aranga que é a que temos máis preto do noso cole. Que fresquiña e rica estaba a auga!!!. Alí gravamos un pequeno documental onde vos falamos da lenda desta fonte e das súas propiedades milagreiras. Esperamos que vos guste.
Aquí deixámosvos os vídeos do noso traballo.
Mostrando entradas con la etiqueta relixión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta relixión. Mostrar todas las entradas
martes, 5 de junio de 2018
miércoles, 17 de junio de 2015
CHUSCO, UN CAN SIN DONO
Chusco era un can moi maior.Vivía nunha ruela. Unha noite de inverno,Chusco tremía de fame e frío. Así comeza esta fermosa historia que ten por protagonista un canciño chamado Chusco, e aínda que o noso protagonista sexa velliño e teña fame e frío, veremos que coa axuda doutras personaxes este conto terá un final feliz. Así o representaron, a modo de "teatrillo", os nenos e nenas de 5º de primaria coa súa profesora de relixión, Begoña Allegue. Unha actividade moi divertida que permitiu traballar a solidariedade, a empatía, o cooperativismo e outros valores tan importantes para vivir en harmonía.
Etiquetas:
empatía,
relixión,
solidariedade,
teatro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
