martes, 13 de diciembre de 2016
miércoles, 23 de noviembre de 2016
CHEGOU O GRAN DÍA
O CPI Virxe da
Cela segue apostando pola radio como unha ferramenta para mellorar as habilidades
comunicativas do alumnado, incentivar a creatividade e aprender. Este é o
primeiro conto do alumnado de 1º de primaria. O seu primeiro encontro co micro.
Preme na imaxe para escoitalo
lunes, 21 de noviembre de 2016
ACTUACIÓN DE XOÁN CURIEL
O martes 8 de novembro veu ao noso centro Xoán
Curiel co seu espectáculo “Estamos no verán”.
Aquí podedes ver algunhas fotos do ben que o pasamos.
Aquí podedes ver algunhas fotos do ben que o pasamos.
viernes, 4 de noviembre de 2016
CELEBRAMOS O MAGOSTO
No noso colexio, o CPI Virxe da Cela, continuamos a
recuperar as nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial e así o venres 28 de outubro, de 14:45 a 16:25. quixemos dedicar unha xornada para a celebración do Magosto. Amenizamos a tarde con
unha morea de xogos populares cos que os máis pequenos, e non tan pequenos, gozaron deste tempo lúdico. Logo repartíronse
os premios da decoración das portas do Samaín e culminamos a xornada degustando
un quentiño chiculate con churros e, como non, as tradicionais castañas asadas
que repartiron os pais e nais da ANPA. Unha xornada estupenda marcada polo bo
tempo, que nos acompañou toda a tardiña.
A continuación tedes unha mostra
fotográfica desta xornada.
Xogos
Entrega de premios
Que bo estaba o chocolate con churros
E, como non, as castañas asadas que preparou a ANPA
sábado, 29 de octubre de 2016
SAMAÍN 2016
Un
ano máis, chega a primeira festa do curso, unha festa que nos atrapa a todos
polo misterio e a fantasía que a acompañan:
O Samaín!!!
E
outro ano máis convocamos o Concurso de Portas do Samaín, un concurso no que
como podemos ver deixastes voar de novo o voso maxín.
Pero
tamén sabemos que sodes uns artistas á hora de decorar as cabazas, e se o facedes en compañía da vosa
familia, aínda ten un valor máis especial. Mirade que chulas!!!
E
mentras tanto, lembrade que tedes a vosa disposición todos os libros
relacionados co medo na exposición da biblioteca, para que,
aínda que pasedes algo de medo, leades moito!!!
Ah!!!, e que non vos asustede o terrorífico espantallo entre o millo.
Atreveste a entrar????
miércoles, 26 de octubre de 2016
VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Este ano, a bioloxía fala galego
Este curso no Campus de Lugo imos conmemorar o Día da
Ciencia en Galego con este acto:
miércoles, 5 de octubre de 2016
Tradutor Gaio
O Gaio é un tradutor automático que te pode sacar dun apuro
se precisas unha comprensión rápida de textos breves.
Preme na imaxe
lunes, 12 de septiembre de 2016
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2016-2017
Xa estamos de volta, abrimos as portas e as fiestras a este
novo curso, para que entre con aire puro
e renovado, como cantan os versos de Celso Emilio Ferreiro:
O aire puro da mañá
proclama
o seu dereito a entrar
en cada casa.
Ábrelle as portas,
patria!
Dálle os teus seos,
alma!
Deixa ese tufo acedo
que te abafa,
esquece estas
mortallas,
estiña as túas bágoas,
fala,
canta.
Así pois, poñámonos a falar, cantar, e continuar a abrirlle
as Portas á lingua, sendo portadores do galego para agora e para o futuro.
Desde o EDLG do CPI Virxe da Cela, feliz volta ao cole!!!!
martes, 28 de junio de 2016
XOGOS POPULARES
Deixamos neste espazo un simpático traballo elaborado polo alumnado de educación infantil do CPI Virxe da Cela, baseado nos xogos tradicionais e populares. Para realizar esta investigación os nenos e nenas contaron coa colaboración dos seus familiares e veciños.
jueves, 23 de junio de 2016
PREMIO AO CPI VIRXE DA CELA "APRENDE PROGRAMANDO"
Parabéns ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria do CPI Virxe da Cela e ao seu profesor de Scratch Jon Penas polo seu reciente premio de programación. Presentaron un interesantísimo proxecto sobre o Camiño de Santiago na convocatoria do concurso "Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch" organizado pola Axenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) dentro do programa Aprendo Programando do Plan Proxecta.
QUÉDATE NO RURAL
Traballo elaborado polo alumnado de 3º da ESO, para revalorizar o rural.É unha especie de decálogo recollendo certos aspectos que caracterizan tanto ao rural como ás personas que nel habitan. Cremos que valorar o que temos é o primeiro paso para protexelo e garantilo para as futuras xeracións.
ARQUITECTURA POPULAR
Moitas veces o que temos máis preto é o máis descoñecido. É primordial non perder as nosas tradicións ancestrais. As nosas festas, usos, costumes… forman parte da nosa vida.
Por isto os nenos e nenas de 2º estiveron a traballar: o hórreo, o carro, o arado, a lareira e o cruceiro. Describiron que son, para que serven, debuxáronos escribindo os nomes das súas partes, recolleron fotografías da zona (Monfero e Irixoa) e ditos ou refráns relacionados cos mesmos.
Seguirán, en breves, con: As romarías e festas; nosa gastronomía; os refráns, ditos e expresións, etc. Este traballo está emarcado dentro do proxecto "Móvete" (Plan Proxecta)
Presentación 2º from AR Sonia
miércoles, 22 de junio de 2016
"A ALDEA DA MIÑA INFANCIA", PEPE DOPICO
Pepe Dopico, antigo mestre do CPI Virxe da Cela, visitou o centro o mércores 22 de xuño para presentar o seu libro “A aldea da miña infancia”, obra recentemente publicada a través do Concello de Paderne e a Deputación da Coruña.
Se ben o obxectivo inicial da charla era falar desta obra que relata a súa infancia nunha pequena aldea do rural galego alá polas décadas do 30 e 40 do pasado século, Pepe quixo transmitir a todo o público alí presente, principalmente mozos e mozas de educación secundaria, a importancia de achegarse aos nosos maiores para empaparse dos seus coñecementos e experiencias na vida, e valorar a estes “transmisores” do noso patrimonio inmaterial.
Ademais de abordar a súa faceta de escritor, Pepe Dopico narrou numerosas anécdotas acontecidas na súa etapa dedicada á docencia, así como a súa experiencia percorrendo en varias ocasións o Camiño de Santiago, como xornalista no periódico comarcal ou as súas incursións no mundo da televisión a través de varios spots publicitarios. Tamén deixou constancia da súa enorme paixón pola poesía recitando cunha espectacular memoria á nosa grande poetisa por excelencia, Rosalía de Castro.
Quedámonos coa mensaxe final deste home de 82 anos que destaca pola súa vitalidade e positivismo: debemos, ante todo, tratar de ser felices, e aproveitar todas “as cousas boas da vida”.
Etiquetas:
"A aldea da miña infancia",
Pepe Dopico
martes, 21 de junio de 2016
"GALICIA: LITERATURA E AUGA"
O xornal “La voz de Galicia” convocou por segundo ano un concurso de fotografía para escolares, no que se lles pide a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso.
A actividade levouse a cabo co alumnado de 5º e 6º EP e alumnado de EPV da ESO. Foi un traballo individual que comezaron na clase e que levaron como tarefa para rematar na casa nas vacacións de Semana Santa.
O Concurso tiña por obxecto a realización dunha fotografía da paisaxe galega na que tivera un certo protagonismo a auga. Ademais tiñan que seleccionar un pasaxe literario que gardara relación ca imaxe e presentalas xuntas xustificando a súa selección e o que se pretende transmitir.
Ademais de enviar os traballos dos alumnos ao concurso fixemos nos corredores do colexio a unha exposición dos mesmos e tamén se subiron nos blogs do colexio.
Para a celebración das letras galegas fixemos un traballo que unifica paisaxe e literatura. Aproveitamos a convocatoria do concurso de "La Voz de Galicia" para sacar as cámaras na nosa contorna buscando algún motivo no que a auga fora a protagonista, ao mesmo tempo o alumnado tiña que poder relacionar a imaxe con algunha obra de relevancia da literatura galega. Este é o resultado dalgúns dos traballos presentados:
lunes, 20 de junio de 2016
OBRADOIRO ARTES ESCÉNICAS CON XOAN CURIEL
O alumnado de educación primaria tivo a oportunidade de achegarse dunha maneira lúdica ao mundo das artes escénicas a través dun divertido obradoiro impartido o luns 20 de xuño de 2016 na biblioteca do CPI Virxe da Cela por Xoan Curiel. Este artista galego, nacido en Fonsagrada e afincado en Santiago, mostrou a súas dotes como comunicador, actor e músico arrancando sorrisos entre os nenos e nenas e facéndoos quedar en ocasións boquiabertos. Esperemos que todo o aprendido serva para potenciar o talento, a creatividade e a oralidade do noso alumnado.
Etiquetas:
artes escénicas,
obradoiro,
Xoan Curiel
viernes, 17 de junio de 2016
CONTACONTOS "NI FU NI FA"
O xoves 16 o alumnado de educación infantil e 1º, 2º e 3º de primaria fomos a ver a actuación "Claro que si", do dúo Ninfu Ninfa, na que dous duendes nos contaban a historia que contiña un libro máxico. Nesta historia participan diferentes personaxes coma a avelaíña Anastasia ou o rato Honorato, que a ritmo de blues ou de rock nos van ensinando todo o que podemos aprender nos libros e a importancia de respectar a natureza.
miércoles, 15 de junio de 2016
CERTAME OUFF-ESCOLA 2016
Un ano máis, celebrarase na cidade de Ourense a VII edición de OUFF Escola. Este certame de creación audiovisual, promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, forma parte das actividades cinematográficas do Festival de Cine Internacional de Ourense.
martes, 7 de junio de 2016
OS OFICIOS DA NOSA CONTORNA
O alumnado de 1º e 2º de EP, xunto coas súas titoras e a mestra de inglés, traballaron os oficios típicos da zona. A actividade levouse a cabo durante o 2º e o 3º trimestre. Cada neno/a coa axuda da súa familia elaborou unha ficha na que figura o nombe do traballo, un debuxo do mesmo e unha breve descrición da actividade que se realiza nel. Posteriormente, na aula de inglés investigouse sobre os nomes dos distintos oficios na lingua estranxeira e engadíronse á ficha inicial.
Finalmente, elaborouse un mural cos orixinais e fixemos un libro para cada neno.
lunes, 6 de junio de 2016
ESPECIAL RADIOFÓNICO LETRAS GALEGAS 2016
3º da ESO e 4º de Primaria unidos pola radio. Traballan xuntos temáticas relacionadas con Manuel María, homenaxeado neste 2016 nas Letras Galegas. Isto da como resultado o seguinte programa que poden escoitar premendo no play.
Etiquetas:
Laboratorio Radiofónico,
Letras Galegas 2016,
Manuel María,
radio
jueves, 2 de junio de 2016
CREAMOS AUDICONTOS:A RATIÑA PRESUMIDA
Este curso algúns dos profesores do noso centro estivemos a realizar un curso de formación sobre a utilización das novas tecnoloxías audiovisuais. Aprendemos o uso de distintos recursos e programas para utilizar como ferramentas educativas. E como veredes a continuación, algo aprendimos. Deixámosvos unha das nosas producións. Vede que chulo nos quedou o conto de "A ratiña presumida". Seguro que aos pequerrechos gustaralle moito!!!
martes, 31 de mayo de 2016
ESPECIAL RADIOFÓNICO 40 ANOS VIVINDO A ESCOLA
Compartimos neste espazo o interesantísimo especial radiofónico "40 anos vivindo a escola", gravado polo alumnado do CPI Virxe da Cela nas sesións de obradoiro de radio, e coas colaboracións de profesores, familias e personal non docente, tanto da actualidade como os que estiveron na nosa escola tempo atrás e xa pasaron a formar parte de estes 40 anos de traxectoria compartida. Queremos dar os parabés a Lucía Abarrategui y Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico) pola súa implicación no proxecto e a cantidade de horas de traballo invertidas.
Etiquetas:
40 anos vivindo a escola,
Laboratorio Radiofónico,
radio
PREMIOS CONCURSO PREGUNTÓN 2016
Aproveitando a celebración dos maios e a asistencia de alumnado, profesorado e familias, o pasado venres 27 de maio fíxose entrega do concurso Preguntón 2016. Acadaron o primeiro posto "O grupo de Monfero", formado por Laura Ares García e Verónica García Martín (1º da ESO). Compartiron un segundo posto o grupo "Los Legales" (Ángel Varela Cortizas e Sergio García Coira de 3º de ESO) e "Andrea e Alba" (Andrea Brage Amado e Alba Rodríguez Purriños, de 3º deEO).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)