O alumnado de educación primaria tivo a oportunidade de achegarse dunha maneira lúdica ao mundo das artes escénicas a través dun divertido obradoiro impartido o luns 20 de xuño de 2016 na biblioteca do CPI Virxe da Cela por Xoan Curiel. Este artista galego, nacido en Fonsagrada e afincado en Santiago, mostrou a súas dotes como comunicador, actor e músico arrancando sorrisos entre os nenos e nenas e facéndoos quedar en ocasións boquiabertos. Esperemos que todo o aprendido serva para potenciar o talento, a creatividade e a oralidade do noso alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario