domingo, 26 de febrero de 2017

ENTROIDO NO CPI VIRXE DA CELA

O Entroido invade a nosa escola como unha ráfaga de cor, alegría, humor, gargalladas, música e baile. A diversión está garantida, e moito máis nesta ocasión na que a creatividade e o inxenio  inundou a temática deste ano, “A vaquiña polo que vale”, que foi o fío condutor do espectáculo.  
O escenario deu cabida á exhibición dos talentos dos rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela, desde os máis pequenos ata os xa veteranos, que levantaron paixóns entre os pequerrechos co desfile dos personaxes de Bop Esponja. Despois do reparto de premios chegou o momento de degustar un chocolate quentiño acompañado de rosquillas, churros e orellas.


Aquí vos deixamos os vídeos da xornada.  Disfrutade do Entroido!!!!




jueves, 23 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA NO VIRXE DA CELA

No  noso centro quixémonos unir, un ano máis á celebración do nacemento de Rosalía, protagonista activa do Rexurdimento da nosa literatura. Entre as actividades que realizamos está a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG, ) a través da cal alumnos/as e profes quixemos conmemorar o Día de Rosalía de Castro realizando un Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe.


Tamén os nenos e nenas de infantil puxéronlle cor a Rosalía compartindo locuras e soños. E como dicía Rosalia… “vaia se os paxaros falan...”tanto que ata casaron aos nosos paxariños e lles construiron uns niños no Virxe da Cela de Monfero. Maneiras e maneiras de celebrar a #Candelaria e #RosalíaTe.