viernes, 26 de febrero de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 2. "PREPARÁNDONOS"

Ola de novo, xa temos aquí o capítulo 2 de "Antón, peregrino do Camiño". O noso amigo móstranos como hai que prepararse para comezar a peregrinación.  Ficade moi atentos aos seus consellos. 


miércoles, 24 de febrero de 2021

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

 Amosamos algunhas das iniciativas que se realizaron no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía (24 febreiro 2021). O alumnado de 5º de EI traballaron o Día de Rosalía a través dun recurso Genially, para dar a coñecer a esta autora potenciando o uso das novas tecnoloxías. Nas materias de Arts and Crafts, o alumnado de EP, axudados polo auxiliar de conversa Johan Palma, indagaron na vida e obra de Rosalía a través da creatividade e da realidade aumentada utilizando dispositivos móbiles (tabletas). 

















jueves, 18 de febrero de 2021

ANTÓN, PEREGRINO DO CAMIÑO

Como ben sabedes, este 2021 é ano Xacobeo. Quizais non teñades oportunidade de facer o Camiño pero se queredes, podedes acompañar na súa viaxe a Antón, un xove peregrino natural de Monfero. Por mor das restricións perimetrais que hai, debido á situación sanitaria do COVID, o noso amigo non puido saír de Roncesvalles para facer o Camiño francés, como tiña pensado, así que decidiu saír de Ferrol e realizar as etapas do Camiño inglés. Se queredes coñecelo podedes ver o capítulo 1 da mini serie Antón, peregrino do camiño. Nos sucesivos capítulos iranos amosando cousas moi interesantes da súa peregrinaxe.

 Aquí tedes o capítulo 1

 

FOLLAS NOVAS: LÍA PAMINA E OS PEREGRINOS

Conmemoración Día de Rosalía de Castro 2021



Difundimos este video tan creativo de Lía Pamina e os Peregrinos que trata de achegar aos nenos a obra de Rosalía dun xeito amable, con ritmos actuais que conecten cos seus gustos e lles faciliten coñecer a súa poesía de forma agradable e divertida. Para conseguilo a banda musicou catro dos seus poemas, todos do libro Follas Novas.

 

viernes, 12 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021 NO CPIP VIRXE DA CELA

Venres 12 febreiro 2021. Hoxe celebramos o Entroido no CPIP Virxe da Cela. Debido ás circunstancias actuais e ao protocolo Covid-19 este ano realizarase a nivel de aula (EI e EP), disfrazándose cada clase dun "Entroido tradicional de Galicia":
  • Educación Infantil: A Pita de Eiroás
  • 1º EP: Oso de Salceda
  • 2º EP: Os troteiros de Bande
  • 3º EP: Os xeráis de Ulloa
  • 4º EP: Boteiro de Mormentelos
  • 5º e 6º EP: Chocalleiro de Vilardevós









jueves, 11 de febrero de 2021

O alumnado de 2º da ESO realizando prácticas de preparación e separación de mesturas

 

 
O alumnado de 2ª de ESO de Física e química realizou o mes pasado prácticas de química sobre preparación e separación de mesturas
 
Podedes ver algunhas das imaxes desta práctica na que o alumnado preparou distintas disolucións e observou diferentes técnicas de separación de mesturas
 



 

Dilatación da materia co aumento de temperatura:


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Mediante o quecemento dun fluído podemos observar a súa dilatación  e aumento de volume co aumento de temperatura: Lei de Charles



Funil de decantación:

O funil de decantación permítenos separar substancias de distinta densidade como auga, aceite e limos.



Centrifugación:

Mediante a centrifugación podemos separar rapidamente  substancias de distinta densidade


Columna de destilación:

A columna de destilación  permítenos a separación de substancias con distinto punto de ebulición como auga e alcohol


¡ CELEBREMOS O 11 DE FEBREIRO ! Día Internacional da muller e a nena na Ciencia

Hoxe día 11 de fecreiro celebramos o día internacional da muller e a nena na Ciencia. Para celebrar este día podedes ver a continuación o traballo de campo da alumna de 4º Marta Fernández Sanjuan sobre a contaminación por plásticos. 

 

Boas, eu son Marta, unha estudante do colexio de Monfero. O meu profesor de bioloxía (preocupado polo planeta), propúxonos facer un traballo sobre os impactos ambientais da nosa contorna. Pero que e iso dos impactos ambientais? Pois ben, é o efecto que produce a actividade humana no planeta. 

Ahora que xa sabía de que iba o traballo, debíame centrar nun impacto só, e como eu son unha nena que vive no rural, decidín facer o meu traballo de investigación sobre a contaminación dos montes (impacto indirecto). 

Día a día, auméntase a xeración de refugallos, xa sexan  gaseosos, sólidos ou  liquidos. A contaminación dos chans pode ser un proceso irreversible e ademais ten a desvantaxe propiedade de facilitar a introdución de tóxicos na cadea alimentaria.

Cando falamos de contaminación tendemos a alzar a vista, pero este problema non afecta só aos nosos ceos. Os chans, que acollen os cultivos de froitas, verduras ou hortalizas, tamén sofren as consecuencias e os seus efectos chegan ata nós a través, por exemplo, dos alimentos.

A superficie terrestre é a pel do planeta, un manto cheo de cicatrices, engurras milenarias e feridas máis recentes causadas tanto polo home como pola propia natureza. Algunhas destas  úlceras son incurables, como a extinción de especies, outras comprometen a saúde e a seguridade alimentaria, e todas elas ameazan o benestar de 3.200 millóns de persoas no mundo, como advirte o último informe sobre contaminación do chan da Plataforma Intergobernamental Científico-Normativa sobre Diversidade Biolóxica e Servizos dos Ecosistemas ( IPBES).

A contaminación do chan é unha ameaza global especialmente grave en rexións como Europa,  Eurasia, Asia e África do Norte, como revela a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura ( FAO).


Cando xa sabía algo mais sobre o tema, decidín votarme a andar por un monte preto da miña casa, concretamente polo espazo marcado en roxo no mapa seguinte:


Para a miña sospresa, non foi traballo dificil quedar abraiada pola cantidade de residuos (principalmente plásticos) que hai polo chán dos montes veciños.

Atopeime con tapós, pilas, botellas de plástico, latas, emboltorios, vidrio, sacos de fertilizantes e abono, potas, uralitas, pneumáticos, eletrodomésticos...
Todo estes resíduos se os decimos así de corrido parecen insignificantes, pero que pasaría se analizamos e descubrimos o verdadeiro impacto de cada un deles? Pois vamos a elo:


  • Pneumáticos: Cada ano, quedan fóra de uso uns 1.000 millóns de pneumáticos en todo o mundo, o que representan un problema para o medio ambiente. Se se abandona unha roda, pode tardar ata 1.000 anos en degradarse. Ademais, nese proceso pode contaminar o chan de restos químicos, xa que non só contamina o pneumático elavorado por plástico, se non que ese pneumático consta con residuos contaminates que se van recollendo cando andas polas estradas como por exemplo o alquitrán ou aceite. E logo todo iso podería chegar ás augas, aos animais e a vexetación.
  • Marcos: Un marco úsase para indicar o extremo entre unha finca e outra. Xeralmente poñíase como marco unha pedra medianamente grande. Pero ahora, cada vez e mais común indicar os marcos con botellas ou bolsas de plástico. Porque se fai isto? Pois principalmente porque é mais visible e polo tanto mais cómodo de atopar. Tamén se usa para espantar animais en zonas cultivadas ou de prantacións. Pero que consecuencias ten esta mala costume? Pois ben, ademais de ter un impacto visual, é altamente contaminante, xa que o plástico tarda moito en descompoñerse e a medida que o vai facendo  tamén solta pequenos microplásticos, que perxudican a todos os seres vivos incluíndonos a nós.

Fotos: Marta Fernández


Enlaces de vídeos e noticias para saber mais:

  • Vidrio: Os envases feitos con este material son os mais respetuosos co medio ambiente pois, ainda que a súa degradación é lenta, durante o proceso non se liberan ninguna sustancia perxudicial. Pero si que causa un impacto visual enorme como podemos ver na fotografía seguiente:

Fotos: Marta Fernández


Esta "montaña de botellas" localiceina nun lugar remoto do monte, e despois de investigar un pouco descubrín, que os culpables sonos doños dun bar da volta. Fai uns anos o sistema de recollida de lixo dos contenedores non era tan efectivo como agora, entón para non acumular lixo nas estradas traían as botellas consumidas no bar ata ese lugar, acumulándose kilos de botellas agochadas baixo a vexetación que foi caendo sobre ela. 
Este delito, ainda que non contamine directamente, está poñendo en perigo calqueira animal ou persoa que se atope con elas, podendo provocar incendios, non deixando medrar a vexetación que hai baixo elas,  pode desenvocar no mar...

    
     
  • LatasEstán formadas por aluminio, o aluminio é o mineral máis usado para a produción de produtos de uso cotián, xa que e moi abundante. Unha lata tarda mais de 10 años en desintegrarse  na natureza, orixinando óxido de ferro. Ao igual que os vidrios, causan un impacto visual importante e é perigoso para a saude dos serer vivos.

Fotos: Marta Fernández


Enlaces de vídeos e noticias para saber mais:

  • Pilas: As pilas están compostas por materiais tóxicos como o  mercurio ou o  cadmio. Se as tiramos ao chan sen máis poden contaminar (e moito) o medio ambiente. E totalmente perxudicial tanto para as persoas, como para a vexetación, como para os animais. Tamén provocan graves doenzas na nosa saúde, como cancro, danos no sistema nervioso e mesmo a morte. Tan só unha pila pode contaminar 100.000 litros de auga, por tanto é  importantísimo levar as pilas usadas aos puntos de recollida para que se lles dea o tratamento adecuado.

Foto: Marta Fernández 


Enlaces de vídeos e noticias para saber mais:


  • Bolsas de plástico: En 60 anos enchimos o mundo de plástico. A terra e o mar están a cubrirse de plástico. Peixes e mariscos contamínanse co plástico e así despois nos comémolos. Os grandes mamíferos mariños morren nas praias afogados con bolsas de plástico na gorxa, crendo que son comida, o que altera en forma alarmante o ecosistema mariño. Dun tóxico, petróleo, obtemos outro tóxico: bolsas de plástico. A nivel mundial desperdícianse 200,000 bolsas de plástico cada segundo.  As bolsas de plástico son prexudiciais para os humanos, animais, plantas e medio ambiente. A súa degradación complétase en 700 anos, mentres están no proceso soltan microplásticos, tamén moi perxudicias para o solo e seres vivos. Isto significa que todo o plástico que consumimos en 60 anos, non se degradou aínda.

Fotos: Marta Fernández


Enlaces de vídeos e noticias para saber mais:

  • Uralita: Este material comunmente usado na construccioón e moi contanminante pola presenza do amianto, un compoñente canceríxeno para as persoas. En España está prohibido dende o 2002.

Fotos: Marta Fernández



Ao longo do traballo fun mostrando e analizando algúns dos materias contaminantes que atopei no meu andar polo monte, pero donde vai desembocar a gran cantidade de este lixo?

Fonte: www.blogger.com

Pois si, moito do lixo que tiramos ao chan acaba aquí, nos mares, océanos, praias, rios... Dando imaxes tan impactantes como a desta praia.
Pero iso non é o peor, o peor e que estes residuos son inxeridos polos animais mariños (pensando que é comida), e provocándolles a morte, e se no  paramos acabaremos ca existencia de moitas das especias mariñas, e non solo mariñas, tamén ca nosa.


Enlaces de vídeos e noticias para saber mais:


Webgrafría:

viernes, 5 de febrero de 2021

PROPOSTAS DA AELG PARA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro 24 de marzo celebrarase o Día de Rosalía de Castro, e a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) lanza unha proposta didáctica que trata de unir a idea da música na literatura, a música en Rosalía e a reinvención da nosa tradición lírica-poética-musical en torno á figura senlleira da poeta. Si premedes no cartaz poderedes acceder aos materiais didácticos para traballar nas diferentes etapas. 

martes, 2 de febrero de 2021

MATERIAIS DIDÁCTICOS "DÍA DE ROSALÍA 2021"

 

Achegámosvos o traballo que elaborou un grupo de mestres/as dos equipos de EDLG de varios centros de ensino para celebrar o Día de Rosalía, por se vos puidera ser de utilidade. O material consiste nunhas unidades didácticas para primaria (elaboradas o curso pasado) e unha unidade didáctica para infantil e un genially elaborados este curso. Se premedes na imaxe inferior poderedes acceder aos materiais. 




MÓVETE XA! Nº 4 , XANEIRO 2021

 Xa tedes á vosa disposición o nº 4 da revista de Educación Física Móvete Xa!! Recomendamos á súa lectura!!


Móvete Xa 4ª Edición Xaneiro by veracruces on Scribd