O pasado venres 29 de marzo 2019, no contexto do Plan Proxecta Voluntario Miúdo: Móvete! o escritor e contacontos Anxo Moure levou a cabo unha sesión chea de maxia e concienciación sobre o coidado da natureza, a reciclaxe e o perigo dos incendios que asolan os nosos bosques.
Facendo participar en todo momento ao alumnado (e máis ao profesorado), Anxo fíxonos rir co seu patinete, facer voar a nosa imaxinación coas súas historias e bailar ao son da súa pandeireta mentres abrazábamos ás árbores que tanta vida nos dan. Sen dúbida, unha xornada marabillosa na súa compaña!
Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Moure. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anxo Moure. Mostrar todas las entradas
sábado, 30 de marzo de 2019
CONTACONTOS ANXO MOURE
Etiquetas:
Anxo Moure,
contacontos,
Móvete,
Plan Proxecta,
Voluntariado Miúdo
viernes, 1 de diciembre de 2017
O CARBALLO CON BOTAS
Como actividade vinculada ao outono o alumnado de educación infantil estivo a traballar durante estas últimas semanas co conto "O carballo con botas" de Anxo Moure, e como experimento plantaron unhas landras/bellotas nunhas botas. Todos os días regaron a semente e esperamos con ansia a que de os seus froitos. A través desta actividade tamén abordaron a problemática dos incendios en Galicia.
jueves, 28 de abril de 2011
OBRADOIRO DE CONTAR CONTOS

O pasado Venres 15 de Abril de 2011 o alumnado e o profesorado da ESO aprenderon das técnicas de creación e narración de contos a través dun divertido obradoiro impartido por Anxo Moure. Misturando a dramatización, o recitado, a improvisación e deixando voar a imaxinación conseguimos inventar e transmitir historias agrupadas cun mesmo denominador común: a Paz e a Solidariedade. A través das técnicas de narración oral podemos contribuír á transmisión de valores como a igualdade, o respecto, a amizade, o amor, etc. Este obradoiro estivo enmarcado na xornada da SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) celebrada no noso centro, acompañando a outras actividades como a celebración dun rastro solidario e a presentación da campaña da SAME polos técnicos de Entreculturas e de Educación sen Fronteiras en Galicia.
Etiquetas:
Anxo Moure,
contacontos,
galego oral,
obradoiro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



