Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio cultural inmaterial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio cultural inmaterial. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de noviembre de 2023

PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL E EDUCACIÓN

No mes de novembro celebrarase en Outrense o Congreso Internacional PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL E EDUCACIÓN: PONTE ENTRE ESCOLA E SOCIEDADE.  En paralelo ao congreso, haberá 2 exposicións na Facultade de Educación e Traballo Social (Edificio de Ferro) de Ourense,  visitables durante o mes de novembro:

* Bens do patrimonio cultural inmaterial  de España inscritos na UNESCO

* Memoria e patrimonio: 25 traballos do Certame "As imaxes do patrimonio"

* Na Praza Maior, o 16 de novembro (Día Internacional do Patrimonio), xogos tradicionais. 


Progr Galego Web by veracruces on Scribd

martes, 8 de noviembre de 2022

PEGADAS DO NOSO

    Con este obradoiro dinamizado por Xandobela Xestión e Dinamización Sociocultural e, en concreto, por Nerea, o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria fíxose experto no noso patrimonio (martes 8 novembro 2022). Aprenderon a diferenciar entre o patrimonio material (como os edificios) e o inmaterial. Da man "da avoa Rosa" afondaron no coñecemento da nosa cultura a través de diferentes probas e retos. 

    Falaron do traxe tradicional (identificando os nomes das diferentes prendas: polainas, mandil, mantón...), dos contos de tradición oral (da santa compaña ou do lobishome), da mitoloxía (o basilisco, o nubeiro, o morralleiro ou home do saco, os trasnos..) e das cantigas. Todos e todas gañaron un carné especial que os acreditou como investigadores expertos da nosa cultura. Sen dúbida, esta proposta foi perfecta para achegar á rapazada a riqueza do noso patrimonio cultural inmaterial.











martes, 23 de enero de 2018

AS IMAXES DO PATRIMONIO: CERTAME DE RECOLLA DE IMAXES

      O Patrimonio Cultural Inmaterial está constituído, segundo a UNESCO, polas tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativas á natureza e ao universo e os saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional”. Dende principios do século XX, este conxunto de expresións, herdadas do pasado e transmitidas de forma oral, atoparon na fotografía un valioso rexistro documental e moitas foron as imaxes que se tomaron das expresións culturais espalladas ao longo da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.
     A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! leva moitos anos defendendo a recuperación e transmisión do Patrimonio Cultural Inmaterial común en Galicia e no Norte de Portugal. Unha forma de divulgalo é incorporalo ás programacións educativas e presentarllo ás escolas como material que poida ser utilizado na súa dinámica de traballo. Ponte...nas ondas! pretende, con esta iniciativa, que se recuperen e difundan fotografías antigas con valor patrimonial para que poidan ser usadas no ámbito escolar e seren coñecidas polo público en xeral. Para esta actividade será imprescindible a colaboración das familias do alumnado, así como, do profesorado dos centros educativos.