viernes, 21 de junio de 2024

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

 Venres 21 xuño 2024. Fin de curso. Xornada de Xogos Tradicionais no patio. EI e EP







TEEN SIDE Nº 2. REVISTA PARA A MOCIDADE

 O último día de clase, venres 21 de xuño 2024, foi unha xornada de despedidas e celebracións. Clausuramos o curso, e o alumnado e profesorado da ESO leva para as vacacións de verán un novo número de Teen Side, unha revista para a mocidade elaborada por alumnado de 3º da ESO na materia de Proxecto Competencial escrita en lingua galega. Esperamos que gocedes co segundo número desta revista que contén interesantes artigos sobre deportes, música, festas, moda, cultura, lectura, etc. 



TEEN SIDE 2 by veracruces

miércoles, 12 de junio de 2024

CHARLAS SOBRE O TRAXE GALEGO

A través da colaboración dos departamentos de Matemáticas e Música, e grazas á predisposición e compromiso de Isabel Bello, profesora de matemáticas, o alumnado de 1º, 2º, e 3º da ESO poido afondar sobre o traxe tradicional do baile galego a través de varios obradoiros (mércores 12 de xuño e xoves 13 de xuño 2024). Isabel, grande apaixoada do baile galego desde a súa infancia e cunha traxectoria vinculada ao baile galego a través de diferentes grupos e asociacións tanto en Galicia como na emigración en Suiza, montou unha exposición en paneis situados diante da biblioteca escolar. Durante os obradoiros os mozos e mozas poideron probar as diferentes prendas e accesorios. 











jueves, 6 de junio de 2024

FALANDO DOS REFRÁNS

 Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria estiveron a facer un traballo de investigación sobre a nosa tradición oral, en concreto, o mundo dos refráns. Os seus familiares serviron como informantes transmitídolles moita sabeduría popular. E para darlle forma ao proxecto, elaboraron un libro recollendo de forma escrita todos eses refráns que aprenderon dos seus maiores. E como punto de culminación temos este interesante faladoiro no que os nenos e nenas reflexionan e expoñen as curiosidades, e incluso recitan varios dos refráns. Non vos perdades este podcast.

Esta actividade está encadrada no programa Radio na Biblio. 

EXPOSICIÓN ENRAIZADAS

Mércores 5 de xuño 2024.  Exposición Enraizadas xestionada pola asociación Euroeume dentro do programa para traballar a igualdade no que participa o centro.

Instalala no corredor da entrada de secundaria (4 paneis)

As 13:00 horas tivo lugar a inauguración, e para iso contamos cunha das nosas nais para presentala (Cristina  Perez) e do alumnado de 5º da Ed. 

Esta exposición está a disposición da comunidade educativa.



CHARLA SOBRE A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Isabel Bello imparte clases de matemáticas  na ESO no CPI Virxe da Cela. É unha namorada do baile e da música folclórica galega, que coñeceu a través en centros galegos  de Suiza durante a súa adolescencia. Isabel explicou a enorme labor que estes centros fan na difusión da nosa cultura. O mércores 5 e 6 de xuño estas charlas impartidas ao alumnado de 2º e 3º da ESO baseáronse en contidos teóricos, e a semana que vén serán obradoiros de carácter práctico centrados no traxe do baile galego.











lunes, 3 de junio de 2024

UNIDAS XAMAIS SERÁN VENCIDAS

Curtametraxe realizada polo alumnado de 5º de EP do CPI Virxe da Cela baixo a dirección de Omar Rabuñal Varela, dentro do proxecto Contratos Programa CPinclúe. 

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.

Igualmente, CPInclúe está en consonancia coas pautas do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que incorpora espazos accesibles e inclusivos para toda a comunidade educativa, para o uso equitativo e igualitario, desde a visión da accesibilidade e do deseño universal e derrubando barreiras.

En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:

  • QUÉDA-T.
  • IGUÁLA-T.
  • CONVIVE-T.
  • INCLÚE-T.
  • EMOCIÓNA-T


sábado, 1 de junio de 2024

PREMIOS CONCURSOS CONTOS DE MEDO E MICRORRELATOS

 





 

  


  



Gañadores Concurso Contos de Medo:

  • Educación Infantil: Brais Varela
  • Primer Ciclo EP: Aaron Vázquez
  • Segundo Ciclo EP: Marina Calaza
  • Tercer Ciclo EP: Icía Seco Abeal
  • ESO: Nuno González Pérez

jueves, 30 de mayo de 2024

CELEBRACIÓN DOS MAIOS E LETRAS GALEGAS 2024

 Venres 31 maio 2024




















6º EP. Sobre a vida e obra de Luísa Villalta

1º e 2º EP: recitado “Nas ás dun poema” de Luisa Villalta. 

2º EP, 2º e 4º daESO: Akai Hana, canción tradicional xaponesa. 

3º e 4ºEP: OMAIO. 

5º EP: interpretación dunha mistura de textos reindivicativos dal ingua galega. 

1º ESO: recitado “Estación” de Luisa Villalta.

2º ,3º e 4º da ESO: Danza de paus e de fitas, con acomapañemento de pandeireta.

Equipo de Biblioteca e do Equipo de Dinamización daL ingua Galega: entrega de diplomas e premios dos diferentes concursos.


REPERTORIO AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA CULTURAL Y DEPORTIVA VIRXE DACELA.: 

1. Ferradás. Instrumentalevoz.ESO+EP+EI 

2. ARuliña. Instrumentalevoz.ESO+EP+EI 

3. PasodobledeMeira. Instrumental.ESO+EP 

4. ValsdoMiro. Instrumental.ESO+EP 

5. AnaFreita. Instrumental.ESO+EP 

6. Apequerrecha. Instrumental.ESO+EP 


lunes, 27 de mayo de 2024

RTVENXEBRE. RADIO XESTEIRA, A RADIO DO CPI VIRXE DA CELA

RTVEnxebre é un proxecto de Ayuda en Acción co apoio da Xunta de Galicia. Desenvolve: AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.

Fomentar a participación infantil, favorecer a inclusión e o desenvolvemento socio educativo da infancia rural e a posta en valor da cultura rural galega son os obxectivos que a Fundación Ayuda en Acción marcouse xa no ano 2018 para dar inicio a este proxecto, a través da creación de tres radios rurales escolares nas localidades coruñesas de Mazaricos, Zas e Monfero. 

Contamos co apoio de profesionais que visitan o noso centro quincenalmente para ofrecer formación ao alumnado de educación primaria, e así permitir alzar a voz e participar activamente aos escolares, falando dos temas que lles preocupan. Neste curso 2023-2024 realizáronse variados podcast que queremos compartir coa comunidade educativa.


Preme a imaxe ou ligazón para acceder a Radio Xesteira en Ivoox

O mar: Programa completo realizado polo alumnado de 3ºEP. Programa con todos os contidos realizados durante o curso polos nenos e nenas de 3º de primaria na súa investigación sobre o mar.

O abandono animal: Programa completo realizado polo alumando de 4ºEP con todos os contidos realizados durante o curso polos nenos e nenas de 4º de primaria na súa investigación sobre o abandono animal.

A muller no rural: Programa completo do alumando de 5ºEP, con todos os contidos realizados durante o curso polos nenos e nenas de 5º de primaria na súa investigación sobre a Muller no rural.

Os deportes: Programa completo do alumnado de 6ºEP con todos os contidos que realizaron durante o curso os mozos e mozas de 6º de primaria no seu proceso de investigación sobre os deportes.

Entrevista a Mikel Pasabant, campión de vela, polo alumnado de 6º. O alumnado de 6º centrou a súa investigación nos deportes, e quen mellor para falar dun deles, que un campión! Mikel Pasabant que ademáis de ser profe de inglés no cole é tamén campión de vela! e moito máis, xa veredes!!

Entrevista a Dolores Porto, Granxas Lousada: Doleres, nai de Antón e propietaria da granxa Lousada en Irixoa responde a un montón de interesantes preguntas que lle fan os nenos e nenas de 5º de primaria.

Entrevista a Sandra Amezaga de Mulleres Salgadas. A que sabe o peixe? quen son e que fan as Mulleres Salgadas? que podemos facer os nenos e nenas para reducir a contaminación dos mares? Estas son só algunhas das cuestións que o alumnado de 3º de primaria decidiu preguntarlle a Sandra Amezada, secretaria da Asociación Mulleres Salgadas, que se pasou pola nosa radio nestes días. Grazas Sandra!!

O alumnado de 4ºEP entrevista a Marisé da protectora de animais de Irixoa. Cales son as principais causas do abandono animal? Que hai que facer cando atopas un animal abandonado? Marisé, da protectora de animais Francisco de Asis de Irixoa responde tódalas dúbidas plantexadas polo alumnado de 4º...e foron moitas!!!

Os deportes preferidos dos mozos e mozas de 6º. Queres coñecer cales son os deportes preferidos do alumnado de 6º ? e por que? Pois non perdas esta pequena peza onde nolo contan!

Pasapalabras sobre o mar con 3ºEP. Canto sabes sobre os animais mariños? Xoga co alumnado de 3º a un Pasapalabras radiofónico moi especial

Faladoiro sobre a muller no rural con 5ºEP. Os nenos e nenas de 5ºEP participan nestes interesantes faladoiros onde dan a súa opinión sobre a imaxe que se ten do rural dende as cidades, os traballos que realizan mulleres no rural ou se hai verdadeira igualdade entre os homes e as mulleres, entre outros temas. Moi recomendable escoitar o que teñen que dicir!

Como foi a visita da asociación 13 GRADOS? O alumnado de3 º EP cóntanos como foi a visita que tiveron no colexio da Asociación 13 GRADOS que se encarga entre outras cousas de gravar os fondos mariños de Galicia.

1º Conto sobre o abandono animal por 4º de EP. O alumnado de 4º EP, presenta o primeiro dos contos que realizaron sobre o abandono animal...pero estade pendentes porque hai máis!

2º conto sobre o abandono animal por 4ºEP. O alumnado de 4º EP, presenta o segundo dos contos que realizaron sobre o abandono animal.

3º Conto sobre o abandono animal cos nenos e nenas de 4º EP. Cun ton moi distinto aos dous contos anteriores, o terceiro grupo de 4º propón esta historia que ben podía estar sacada dunha lenda de Samaín...que medo!!

Faladoiro sobre o abandono animal con 4ºEP. Tes animais na casa? que farías se algún se perdera? que sinten os animais cando se abandonan? O alumnado de 4ºEP danos a súa opinión sobre a temática que traballaron durante todo o curso: o abandono animal.

O alumnado de 3º EP cóntanos o que aprendeu durante o proxecto. Queres saber o que aprenderon os nenos e nenas de terceiro? pois eles e elas mesmas no lo contan nesta peza!!

Recomendacións do alumnado de 3º EP. Os nenos e nenas de terceiro de primaria investigaron sobre o mar durante todo o curso. Despois de todo este traballo, atoparedes nestras tres pezas radiofónicas as súas principais recomendacións.

Aprendizaxes e recomendacións do alumnado de 4º EP. Tras todo un curso investigando sobre o abandono animal, aquí podedes escoitar as aprendizaxes e tamén as recomendacións que nos fan os nenos e nenas de cuarto de primaria.

Aprendizaxes e recomendacións do alumnado de 5º EP. Os nenos e nenas de quinto de primaria cóntannos nestas tres cuñas as súas reivincicacións e aprendizaxes sobre "A Muller no rural", a temática que escolleron e traballaron durante todo o curso.

Aprendizaxes e recomendacións do alumnado de 6º EP. Despois de todo un curso investigando sobre os deportes aquí están as principais aprendizaxes e as recomendacións que nos fai o alumnado de 6º de primaria. Escoitade que hai cousas ben interesantes!

A experiencia en RadioTVEnxebre-Radio Xesteira do alumnado de 3ºEP. Os nenos e nenas de 3º de primaria fan un balance da súa experiencia radiofónica e de participación infantil en RTVEnxebre-Radio Xesteira este ano.

A experiencia en RadioTVEnxebre-Radio Xesteira do alumnado de 4ºEP. Neste pequeno programa o alumnado de 4º de primaria fai un pequeno resumo da súa experiencia radiofónica e de participación infantil en RTVEnxebre-Radio Xesteira este ano.

A experiencia en RadioTVEnxebre-Radio Xesteira do alumnado de 5ºEP. O alumnado de 5º de primaria fai un balance da súa experiencia radiofónica e de participación infantil en RTVEnxebre-Radio Xesteira este ano.

A experiencia en RadioTVEnxebre-Radio Xesteira do alumnado de 6ºEP. Neste pequeno programa o alumnado de 6º de primaria fai un pequeno resumo da súa experiencia radiofónica e de participación infantil en RTVEnxebre-Radio Xesteira este ano.


viernes, 24 de mayo de 2024

Horto na escola


Este curso a nosa proposta centrouse  no impulso  da transformación dos residuos orgánicos xerados no centro en compós que, posteriormente, empregamos como abono no horto escolar, para favorecer o bo funcionamento do ecosistema da horta. Dando a coñecer as técnicas propias da agricultura ecolóxica, sabendo escoller os cultivos e as rotacións que mellor se adapten ao tipo de solo e ao clima do noso entorno.




                                                                Imaxes autoeditadas