Mostrando entradas con la etiqueta Roberto Vidal Bolaño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roberto Vidal Bolaño. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de mayo de 2013

O QUE SABEMOS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Unha curiosa aportación do alumnado de 4º de Primaria sobre o Día das Letras Galegas







jueves, 16 de mayo de 2013

MATERIAIS AUDIOVISUAIS SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Para afondar na figura de Roberto Vidal Bolaño, ademais da recompilación de actividades da SXPL (http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano), podedes consultar o material audiovisual da CRTVG na seguinte ligazón: http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/letras-galegas-2013
 


martes, 7 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar os carteis e guías das Letras Galegas 2013, ademais dunha selección de materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos cos que se pretende contribuír a un mellor coñecemento do destacado dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Podedes acceder dende a seguinte ligazón: http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano

GUÍA DE PRIMARIA


GUÍA DE SECUNDARIA


sábado, 3 de noviembre de 2012

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector. A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público. A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

LETRAS GALEGAS 2013

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 13 do Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro de 2012), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2013 ─Roberto Vidal Bolaño─, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu. Premio: os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 2.500 €. •O prazo de presentación remata o día 16 de xaneiro de 2013