Dende o ano 2014 Galicia celebra o Día do Orgullo Neofalante co obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega entre aquelas persoas que non o falan de xeito habitual.
A conmemoración coincide, ademais, coa data
do nacemento dunha das voces máis icónicas do panorama
musical galego e da comarca, Andrés Dobarro (nado o propio o 1 de outubro de 1947) e que levou o galego aos grandes éxitos, demostrando así o
valor da universalidade, utilidade e vitalidade da lingua.
Por primeira vez en Ferrolterra, agruparanse esforzos
dende o eido institucional para impulsar o documental “Barullo”, promovendo o
seu uso nos centros de ensino, asociacións e diversas entidades coa intención
de difundir o momento que está a vivir na actualidade a música galega, un motor
de dinamización do emprego do galego moi desenvolto.
BARULLO: Documental acerca da diversidade musical en lingua
galega, con testemuñas e actuacións de grupos de pop, rock, tradicional, rap,
canción de autor....Un filme de interese para público xeral, aínda que
creado especialmente para aulas de escolas e institutos.