Mostrando entradas con la etiqueta Observa Acción 2024-2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Observa Acción 2024-2025. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de junio de 2025

Produto final programa Obseva- Acción. Fase IV. Internalización.

 Chega o remate da nosa participación dentro do programa Obseva- Acción. Esta última etapa (Fase IV. Internalización) deixa un produto final no que quixemos sintetizar as aprendizaxes adquiridas e a sús repercusión nas nosas aulas e na súa calidade educativa. 

Moitas grazas a todos os centros de formación do profesorado (en especial ao CAFI e ao CFR de Ferrol) que fixeron que está experiencia de aprendizaxe sexa inesquecible!!!


OBSERVA ACCIÓN VIRXE DA CELA 2025 de Maria del Camino

viernes, 4 de octubre de 2024

PRIMEIRA REUNIÓN IV FASE PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN



Convidamos a todo o profesorado do CPI Virxe da Cela  a asistir á primeira reunión da Fase IV do Programa Observa-Acción, que celebraremos o venres 4 de outubro ás as 13.50 h na biblioteca do centro. Este proxecto ten como finalidade é o desenvolvemento profesional das Competencias Profesionais Docentes a partir da observación entre iguais (OEI), da reflexión individual e/ou grupal dos participantes, o intercambio de boas prácticas e a implementación das aprendizaxes na aulas e no centro para a mellora da calidade educativa. Así, estamos ante una oportunidade de desenvolvemento profesional docente a través da experiencia en realidades diferenciadas.

Desta forma, participamos na súa I Fase que se centrou na observación entre iguais no propio centro. Aquí, descubrimos que formamos un gran equipo de profesionais con moitas potencialidades que non poden quedar illadas nas aulas.

A II Fase centrouse na observación entre centros da mesma Comunidade. Neste caso co CEIP de Ardán (Marín). Foi especialmente significativa pola forma na que atenden a diversidade nas súas aulas e pola implicación da comunidade na vida do centro. Por exemplo, traballan tendo como base a docencia compartida e aproveitan de forma espectacular as historias sociais.

Unha vez rematada esta, tivemos a III Fase, neste caso viaxamos a Madrid en compañía de profesorado de centros da comarca de Ferrol. Concretamente, o profesorado do centro visitou o CEIP Pintor Rosales do que podemos destacar o tratamento integral das linguas que realizan con moi bos resultados e un compromiso decidido co proxecto Loba.

En ambas ocasións (Fase II e Fase III) profesorado dos centros mencionados visitaron tamén o noso. Sendo experiencias cheas de conversas e reflexións que deixaron pegada.

Neste intre, ao superar as fases anteriores estamos na que será a derradeira (IV Fase). O intercambio de experiencias cun centro dun estado europeo, pendente de concretar. Desta forma, antes de dar comezo ás actuacións queremos convidar ao conxunto do claustro a que vos unades a iniciativa se así o considerades. Para ver un pouco, o desenvolvemento das actuacións remitimos o enlace ás entradas da fase anterior que se atopan na revista dixital do centro (blogue Xesteira).

https://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/search/label/Observa%20Acci%C3%B3n%202023-2024