miércoles, 18 de marzo de 2009

GUÍA DE MATERIAIS E RECURSOS EN GALEGO VINCULADOS COAS TICS

4 DE FEBREIRO DE 2009


Elaboración dunha guía de materiais e recursos en galego vinculados coas TIC. Entrega da guía a todo o profesorado do centro, e proposta de difusión desta información nas titorías.



O GALEGO NAS NOVAS TECNOLOXÍAS.



Unha das propostas de actividades de dinamización incluída no noso Proxecto de Fomento do uso do Galego, curso 2008-2009, consiste en informar á comunidade educativa dos materiais e recursos en galego vinculados coas TIC.

Achegamos a todos os profesores do centro unha guía de materiais e recursos en galego vinculados coas TIC para o voso propio uso e disfrute, e rogamos ós titores/as a difusión desta información nas súas titorías (podedes colgar unha copia da guía no taboleiro da vosa aula). Graciñas.



O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.




Monfero, 3 de febreiro 2009.



Paquetes ofimáticos
O paquete en galego para Microsoft Office 2003 ofrece unha interface de usuario en galego para os seus programas Word, Outlook, PowerPoint e Excel. Tamén o paquete de interface do Windows XP e, agora, o Vista. Xa se pode ter o Office 2007 en galego e tamén o sistema operativo Windows. Todo en http://www.microsoft.es/gal
OpenOffice é un conxunto de aplicacións de oficina que están dispoñibles na rede de xeito gratuíto (software libre) e que conta con procesador de texto, folla de cálculo, programa de deseño gráfico, de presentacións, base de datos, editor visual de páxinas web... Ten todas os programas máis usados de todo e dispoñible para todas as plataformas.

Sistemas operativos:

- Programas libres para GNU/Linux en galego: os que habitualmente usen o Linux, poden baixar moitos programas en galego, como o procesador de textos Abiword, o cliente de mensaxería, configurar o Emule, un xerador de fotos, o cliente FTP e moitas outras aplicacións.

- Programas libre para MS/Windows en galego: ao igual que nos outros sistemas operativos, en Windows tamén se pode dispoñer dunha multitude de programas en galego, dende o cliente de mensaxería instantánea, pasando polo procesador de textos ou o xestor de contidos para weblogs. http://www.microsoft.es/gal

- Programas libres para Mac en galego: para os usuarios que teñen un Mac na súa casa ou no traballo, tamén hai dispoñibles moitas aplicacións e programas moi comúns en lingua galega, como o procesador de textos, o correo electrónico, programas de deseño, o navegador para a internet...

- Trisquel GNU/Linux: é un sistema operativo de ámbito xeral, 100% libre e en galego. Inclúe un conxunto de aplicacións que o fan idóneo para todo tipo de usos: ofimática, ocio, empresa, multimedia, educación... Tes 3 versións: Trisguel, para o escritorio doméstico; Trisguel PeME, para as empresas, e Triskel, con KDE.

- Galinux: é un sistema operativo completo en galego. Á súa vez é unha adaptación de araOs, metapaquete desenvolvido por Mancomún que usa como base a distribución de Linux Ubuntu e conta tamén con aplicacións de código aberto traducidas ao galego por grupos de voluntarios. Do mesmo xeito ca Ubuntu, Galinux empregará, en principio, o escritorio Gnome.

Software libre:
Recursos de software libre en galego, no portal Mancomún, da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
- Mensaxería instantánea: PidGin é un cliente de mensaxería instantánea de software libre que funciona cos sistemas máis comunmente usados, como MSN Messenger, Yahoo! Messenger, Google Talk, AOL Instant Messenger...
- Navegador web: Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Incorpora bloqueo de fiestras emerxentes, navegación por separadores, marcapáxinas dinámicos,... Está desenvolvido por unha entidade sen ánimo de lucro e por moitos voluntarios.
- Cliente de correo libre: Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. O obxectivo de Thunderbird é desenvolver un programa máis lixeiro e rápido.
- SINXELO LOPD é unha ferramenta gratuíta para a protección dos datos persoais nas pequenas empresas. Descárgase no ordenador do usuario e guía as empresas para facer telematicamente todo o proceso administrativo.
- Compiz Fusion: Compositor de fiestras. Trátase dunha colección de plugins e dun sistema de configuración para o xestor de composición de fiestras Compiz, para o sistema de fiestras X.
GIMP: é un programa de edición de imaxes, unha ferramenta para traballar con imaxes que se convertiu nunha alternativa ao Photoshop.
FireFTP: é un cliente FTP para Mozilla Firefox gratuíto, seguro e multiplataforma que proporciona un acceso sinxelo e intuitivo aos servidores FTP
MuseScore: ferramenta que permite facer de xeito doado a edición dunha partitura. Ten un secuenciador integrado para a reprodución inmediata da partitura e tamén un sintetizador de software.

Software libre para empresas


eGroupWare é un conxunto de aplicacións deseñadas para facilitar o traballo en grupo nunha rede corporativa. Permite a xestión de contactos, citas, tarefas e outras funcionalidades como a reserva de salas de reunións, do vehículo comercial da empresa...
Wordpress é un sistema xestor de contidos enfocado á creación de blogues. Un sistema para xestor de contidos facilita a publicación de contidos en internet sen a necesidade de ter coñecementos de deseño web.
B2evolution é un sistema de publicación multiblogue, multilingüe e multiusuario. É un xestor de blogues especialmente interesante para crear bitácoras corporativas. Permite que cada departamento/persoa da empresa conte co seu blogue e todos, ademais, se interrelacionen.
Typo3 é unha aplicación libre de portal e xestión de contidos (CMS) baixo a licenza libre GPL. Permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web. Controla unha ou varias bases de datos onde se aloxa o contido do sitio. O sistema permite manexar de xeito independente contido e deseño.
Alfresco é un xestor de contidos empresarial. Permite capturar, xestionar, almacenar e preservar contidos e documentos relacionados cos procesos dunha organización. Noutras palabras son tecnoloxías que facilitan en gran medida a xestión e control da información.
eTicket é unha ferramenta aberta de xestión de incidencias. Estes sistemas facilitan o seguimento das incidencias recibidas nun servizo de soporte.
Sunbird é unha aplicación de calendario multiplataforma. Unha aplicación de calendario proporciona funcións de axenda, lista de tarefas e calendario con alarmas.
osCommerce é unha aplicación de comercio electrónico para xestionar unha tenda virtual. osCommerce consta de dúas partes principalmente, dun catálogo de Produtos onde o cliente pode ver a oferta do vendedor e dun módulo de Administración onde se pode xestionar a propia tenda virtual, actualizando produtos, inserindo novas ofertas...
Sugar CRM é unha aplicación de Xestión de Relación con Clientes (Customer Relationship Manager-CRM) que é usado polas empresas para xestionar a relación cos seus clientes incluíndo a análise e captación destes, almacenaxe e listaxe dos seus datos así como dos provedores e socios e a información interna.
OpenXpertya é unha solución de código aberto de xestión integral para a empresa que engloba ERP e CRM, o que permite a planificación global dos procesos dunha empresa.

Software para empresas

Google Mini é unha solución que integra hardware e software, permitindo realizar buscas nas redes corporativas. Localiza documentos e moitos tipos de información, explora os ficheiros compartidos de xeito seguro (e sérveos) ou valora o peso dos documentos localizados segundo o servidor. Indexa dende 50.000 ata 300.000 documentos.

Tradutores de galego na Rede:

- Esgl: O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades desenvolveu, en colaboración coa empresa catalá Incyta (posteriormente Sail Labs, SL), unha ferramenta de tradución automática castelán-galego, francés-galego e catalán- galego que utiliza técnicas de enxeñaría complexas para permitir a consideración da totalidade da oración no proceso de tradución. O acceso é aberto e gratuíto, cun volume limitado (2.500 caracteres). As entidades públicas dispoñen de licenzas que permiten un volume maior de tradución.
- Opentrad: sistema de tradución automática en código aberto de uso gratuíto. Permite a tradución bidireccional castelán-galego e galego-portugués e galego-inglés. Tamén fai traducións castelán-catalán e castelán-éuscaro.
- Traducíndote: mellora sobre Opentrad desenvolvido por un alumno do instituto de educación secundaria Chan do Monte de Mogor, en Marín, de software libre. O programa permite traducir documentos OpenOffice en varias linguas.
- Servizo de tradución automática do Instituto Cervantes: tradutor bilingüe castelán-galego e galego-castelán de acceso gratuíto, que permite traducir webs e textos.
- ESGL: tradutor de acceso restrinxido a persoal da Administración pública. Traduce webs, textos e documentos.
- Google tradutor: permite traducir do galego a un bo número de linguas, aínda que cunha baixa calidade de tradución.

traductor
traducción automática

Corrector de galego na Rede:

- OrtoGal: corrector ortográfico en liña da Universidade de Vigo.

Corrector de galego no sistema operativo:

- Golfiño: corrector gramatical de galego para o paquete ofimático libre OpenOffice.org na súas versións GNU/Linux, Windows e Mac OS con licenza GPL
- Para Office 2000, XP e 2003: permite actualizar o paquete Office 2000, Office Xp e office 2003 ou calquera das súas aplicacións (MS Word - MS Access - MS Excel - MS Powerpoint - MS Outlook) para integrar este novo corrector dentro das opcións de corrección.. Hai que pór ben a configuración para corrixir os textos en galego no Word (cómpre cambiar para idioma galego en Ferramentas->Idioma->Definir idioma).
- Para OpenOffice: inclúe nesta versión máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos e 300 xentilicios.

Dicionarios en rede

- Digalego: dicionario normativo que incorpora etimoloxías e equivalencias en lingua portuguesa, castelá e inglesa, insire tamén sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos. Accesible dende o móbil a través do enlace wap.digalego.com

Vocabulario
- VOLGA: Vocabulario ortográfico lingua galega
- Vocabularios en liña: referencias terminolóxicas
Blogs en galego:
blogalego.com
blogaliza.com
Nireblog
Xestor de contidos

Wordpress é un sistema xestor de contidos enfocado á creación de blogues. Un sistema para xestor de contidos facilita a publicación de contidos en internet sen a necesidade de ter coñecementos de deseño web.
XOOPS é un xestor de contidos, un sistema de administración (CMS) libre, flexible e, segundo afirman os seus creadores, “doado de usar”, que está en galego. Lanzado sobre licenza GNU, foi concebido usando a linguaxe de programación PHP para permitirlle aos administradores, manexar sitios web dinámicos e construir comunidades en liña.

Buscadores:

- Google: é un dos buscadores web máis coñecidos do mundo. En "Preferencias" pédese configurar o idioma en galego. Unha vez que se fai, xa sairá por defecto na nosa lingua cada vez que se entre nel.
- Vieiros: a comunidade de noticias e de información galega Vieiros dispón dun buscador temático centrado en recursos exclusivamente de Galicia e dividido por áreas, como deportes, medios de comunicación, goberno, colectivos...
Auditor de accesibilidade web

- TAW (Test de Accesibilidade Web) é unha ferramenta para a análise da accesibilidade de sitios web. Permite analizar sitios web completos e a aplicación pódese descargar de forma gratuíta, ademais de existir unha modalidade en liña.
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades desenvolve varios proxectos relacionados coas novas tecnoloxías:
- O ESGL: tradutor automático de textos en castelán para o galego, que realiza unha tradución complexa que ten en conta a totalidade da oración. Incorpora dicionarios, varias gramáticas dos dous idiomas, fai unha análise sintáctica, morfolóxica e, na medida do posible, mesmo semántica, para lograr unha tradución axeitada. É de acceso restrinxido a persoal da Administración pública.
- O lematizador e etiquetador do galego actual é unha ferramenta que se está a desenvolver para permitir o recoñecemento e a análise automática das formas do galego actual.
- O sintetizador de voz COTOVÍA permite a conversión dun texto escrito nunha cadea oral, de xeito que a transferencia texto-fala poida facerse cun nivel de calidade aceptable.
- Elaboración permanente de bases de datos de bibliografía, terminoloxía, fraseoloxía, etc. permiten aplicar con facilidade esa información en formato dixital a outros proxectos.
Telefonía móbil:

http://www.oteumobilengalego.com/: portal creado para que os usuarios e as usuarias poidan acceder a todos os recursos dispoñibles na nosa lingua para os seus terminais de telefonía e a toda a información sobre as compañías que lles ofrecen aos seus clientes produtos ou servizos en galego. Podes coñecer os terminais que hai actualmente no mercado coa opción do galego e mediante que operadoras conseguilos. Tes ademais a posibilidade de actualizar o teu móbil a través das descargas dispoñibles en "Galeguiza o teu móbil".
Reprodutores MP3 e MP4:

A empresa galega Blu:Sens, por exemplo, inclúen en boa parte dos seus modelos os menús en galego (se ben aínda non distribúen as instrucións ou a información en liña en galego). Desde a firma galega sinalan que teñen configurado en galego os modelos de MP3 P15 e P16, xunto cos de MP4 1017, 1018, 1027 e 1028. Ademais, explican que "actualmente existen algunhas actualizacións de firmware que permiten incorporar o menú galego a modelos que non o traen de serie".
No mercado tamén podemos atopar outras marcas con reprodutores de música, coma SPC Internet, que dispón dos MP4 0359 e 0357 de 1GB, ou do modelo 0365 de 2GB. Meizu, pola súa banda, ofrece o M6 Mini Player de 4GB.
Descodificadores TDT:

Empresas como JVC incorporaron a algúns dos seus modelos a opción de navegar con menús en galego. Un dos seus modelos, o KV-DT2000, é un sintonizador para o automóbil, con guía electrónica de programación e teletexto.
Outros modelos e marcas son o Probasic TDT1018, coa posibilidade de coller máis de 1.000 canles, o sintonizador TDT Sanyo TU-ED1 e o TDT 705 ES de Vivanco.
E para os máis avanzados está o gravador MPEG4 con TDT Blu:Sens G70 con disco duro de 250 GB, sintonizador TDT, WiFi e conexión HDMI.
Gravador DVD

Blu:Sens sacou ao mercado diferentes modelos de reprodutores de DVD e DivX co menú en galego, como son o 3002 e o 3005. Tamén dispoñen desta opción o G60, xunto cos Ascomtec Blusens H25-3005 e DVD-3004 DivX. A marca ofrece tamén gravadores de imaxe como o DVD-5111, cun disco duro interno de 80 ou de 160 GB, segundo o modelo. Para os usuarios máis avanzado está o gravador MPEG4 con TDT Blu:Sens G70 con disco duro de 250 GB, sintonizador TDT, WiFi e conexión HDMI.
Avisador de radares

O Angel Driver 100 é un dispositivo GPS que permite coñecer con exactitude os radares dos que informa a Dirección Xeral de Tráfico. Ademais, avisa o condutor da velocidade á que se circula e a máxima que permite a vía na que se atopa.
Podcasts

- Podgalego.org: sitio onde se poden atopar os podcasts galegos (arquivos de audio que poden baixarse da rede, para posteriormente escoitalos no PC ou no reprodutor de MP3).
Xeolocalizador

Ipoki é un orixinal e innovador sistema que permite gravar avisos xeorreferenciados e recibilos en terminais móbiles (como PDA, móbiles, portátiles, etc.). A través dun mapa pódese saber en todo momento onde está un e tamén ter localizada á xente coñecida.
Infórmate, en galego, das novidades tecnolóxicas:
http://www.codigocero.com/: publicación en galego na rede sobre novas tecnoloxías.
http://www.trebellos.org/: weblog colectivo no cal se trata a actualidade dos gadgets e dos artiluxios máis novidosos e curiosos que saen ao mercado.
Outras ligazóns

Manual de lingüística computacional. Gómez Guinovart (2000).
Multilingüismo no ciberespazo (Unesco)

Dominio .gal

http://www.puntogal.org/ é unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galega un dominio propio na internet. A proposta encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados.
galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego

No hay comentarios:

Publicar un comentario