sábado, 15 de noviembre de 2025

DIPLOMAS PARA ALUMNADO DA ESO COLABORADORES/AS NA XORNADA SAMAÍN

Agradecemos a participación de todo o alumnado que de maneira voluntario colaborou nos obradoiros de Samaín celebrados no centro escolar, tanto como monitores e monitoras como axudantes. Grazas á vosa axuda os nenos e nenas que participaron nos obradoiros poideron recibir o voso apoio e guía. Parabéns polo voso esforzo. Nun pequeno acto simbólico no que nos xuntamos na biblioteca escolar recibides un diploma acreditativo e un sinxelo colar cunha cabaza realizada coa impresora 3D servirá de lembranza. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario