Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas 2018. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de junio de 2018

CONCURSO "CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS"

A Real Academia Galega organiza por segundo ano o concurso Contádenos o voso Día das Letras, dentro da iniciativa web Primavera das Letras. Se é posible, agradeceriamos moito a súa axuda na difusión deste certame. O prazo de presentación de proxectos escolares arredor de María Victoria Moreno remata o venres 22 de xuño. As bases do concurso poden consultarse nesta ligazón:

http://primaveradasletras.gal/contadenos-o-voso-dia-das-letras/
 

lunes, 11 de junio de 2018

AS LETRAS DE Mª VICTORIA MORENO

Os personaxes dos contos de María Victoria Moreno, chegan ao CPI Virxe da Cela. Inspiración para 1º e 2º de primaria que queda recollida neste podcast. Por outra banda, alumnado de 4º de Primaria, fixo unha investigación creativa que podes escoitar neste programa no que interveñen Eli Ríos, Monse Pena, Francisco Castro, Fran Alonso, e Andrea Jamardo!!!

miércoles, 16 de mayo de 2018

VII CERTAME DE RELATOS BREVES FEIRACO

Feiraco Lácteos, SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o VII Certame de Relatos Breves Feiraco, co fin de promover o coñecemento, o uso e a divulgación da lingua galega. Podedes participar ata o 20 de maio cun microorrelato en galego que comece coa frase: “Subiu ata o faiado da casa e alí…”, en homenaxe a María Victoria Moreno. Podedes consultar as bases en:

 https://feiraco.es/gl/alimentando-un-xeito-de-ser/vii-certame-de-microrrelatos-feiraco/


LETRAS GALEGAS 2018 NO CPI VIRXE DA CELA

      O mércores 16 de maio celebramos o "Día das Letras Galegas 2018", e para conmemorar esta data tan especial contamos cun músico de primeira categoría, Bruno Villamor, profesor a Asociación de Folclóricos Virxe da Cela. Impartiu un interesantísimo concerto didáctico no que foi amosando cada un dos instrumentos empregados na música tradicional galega: gaita, tambor, tamboril, zanfoña, requinta, tarrañolas, cunchas, etc... 
      Como broche final un grupiño de nenas e nenos do noso colexio que forman parte desta asociación fixeron unha exhibición de danzas e cancións, e o alumnado de 3º da ESO clausurou a gala coa tradicional "Danza de Fitas". Esta danza é representada todos os anos para representar un homenaxe á primaveira desde que fai unha década o noso centro recuperou a tradicional Festa dos Maios. Unha gran alfombra floral con representación dun fondo mariño servía como decorado para contextualizar esta festa e á vez facer un guiño ao Proxecto Documental Integrado "Somos Auga", eixo central do traballo multidisciplinar neste curso 2017-2018. 
      Aproveitamos esta ocasión para facer entrega de premios dos concursos "Portada de Axenda Escolar" e "Preguntón 2018".

























MURAL SOBRE AS LETRAS GALEGAS DE EDUCACIÓN INFANTIL





martes, 17 de abril de 2018

IV XORNADA DAS LETRAS GALEGAS



A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organizan para o próximo 5 de maio a IV Xornada das Letras Galegas dedicada, este ano, a María Victoria Moreno Márquez. Terá lugar no salón de actos da SXPL (r/ San Roque, 2, Santiago de Compostela). Na sesión da mañá intervirán: Xesús Alonso Montero, Xesús Rábade, Ánxela Gracián, Marilar Aleixandre, Xavier Senín e Ana Roig. Na da tarde, presentaranse experiencias e materiais didácticos sobre a escritora que se están desenvolvendo nos centros educativos. Nos vindeiros días, o profesorado interesado en asistir deberá inscribirse na xornada a través de fprofe.

lunes, 13 de noviembre de 2017

SIMPOSIO CARLOS CASARES

A Real Academia Galega celebra o Simposio Carlos Casares os vindeiros días 21, 22 e 23 de novembro. As tres xornadas desenvolveranse en horario de tarde na sede da institución (rúa Tabernas, 11 - A Coruña) e contarán coas achegas arredor da vida e da obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2017 de dezaseis especialistas.  Entrada libre e inscrición gratuíta.