jueves, 19 de febrero de 2015

O ENTROIDO NA NOSA COMARCA

O alumnado de 5º de Primaria, estivemos investigando sobre como se celebraba o Entroido na nosa comarca, hai cincuenta anos.
Descubrimos o libro " O Antroido nas Mariñas dos Condes" de Xosé Raimundo Núñez Lendoiro, grazas a Alex que buscou na biblioteca de Irixoa, e a partir do cal, fixemos os seguintes traballos.

Esperemos que vos gusten.





lunes, 16 de febrero de 2015

CONCURSO LITERARIO "LINGUA DE NAMORAR"

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o concurso Lingua de namorar. O obxectivo desta iniciativa é dinamizar, a través das novas tecnoloxías, o uso da lingua galega nas relacións persoais da mocidade. Trátase dun concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 22 de febreiro de 2015.



viernes, 13 de febrero de 2015

ANTROIDO 2015


Como ben se escoitaba entre a xente do público… “este ano superádesvos”… Este e outros comentarios similares denotaban unha crítica máis que positiva cara o Antroido 2015 celebrado no CPI Virxe da Cela. A verdade é que o tema deste ano tiña moito xogo… o Mar, en todas as súas vertentes e posibilidades. Non faltaron piratas, capitáns de barco, pescantinas, peixiños, sereas, e incluso un Neptuno que ollaba impasible o devenir dos acontecementos, hierático co seu tridente e amosando todo o seu poderío.

Non soamente se apreciaba todo un traballo de semanas na elaboración dos disfraces, senón tamén nas coreografías e representacións que os alumnados dos diferentes cursos levaron a cabo, baténdose en duelo co repiquetear das gotiñas de choiva que golpeaban o teito do patio cuberto e que non conseguiron “augar a festa”. Todos e todas, alumnos/as, profesores/as e pais/nais merecían un premio por colaborar para lograr un espectáculo de tanta talla (aproveitamos para dar os parabéns ao departamento de plástica pola proposta “Concurso de carautas de Entroido”, que axudou a decorar o escenario), cousa que fixo suar aos membros do xurado á hora de deliberar…  Eiquí van os resultados:

“Os Piratas do Río Lambre” e “Fondo de Bikini” foron as divertidas e traballadísimas propostas dos máis pequerrechos, os nenos e nenas de Educación Infantil, que recolleron unha mención especial. Outra mención especial recaeu no alumnado de 3º e 4º de primaria, polo seu fermoso disfraz “Pesca de peixes”, ilustrando toda a parafernalia das artes mariñeiras. Simpáticas e moi ben rimadas estiveron as “Coplas de Entroido baixo o mar”, dos rapaces e rapazas de 6º de primaria, que facían alusión non só ao Entroido en xeral, senón ao noso universo do CPI Virxe da Cela e que tamén levaron outra mención especial. O premio á orixinalidade recaeu na vistosa e exótica representación de “A danza do Dragón”, por parte do alumnado de 1º da ESO, utilizando un espectacular dragón de varios metros de lonxitude que percorreu o patio cuberto entre os aplausos do público; os rapaces e rapazas de 2º da ESO recolleron o premio á mellor coreografía polo baile “Quieto Parao”, perfectamente uniformados e montados nun simpático carricoche; as rapazas de 3º e 4º da ESO viron recompensadas tantas horas de dedicación para construír o seu disfraz “Son unha taza” co premio ao máis traballado; e xa finalmente os rapaces de 4º de ESO recolleron atropelladamente o premio ao máis divertido co seu breve pero efectivo número “Tropa de asalto”.

   


















Os/as peques de infantil non perden o tempo!! Aproveitan cada celebración e festa popular para facer traballos artísticos. Fenomenal Piratas e Rapeiros de Bob Esponja!!

martes, 10 de febrero de 2015

CONCURSO POESÍA CARME VILLAVERDE

EXPOSICIÓN DE CARAUTAS DE ENTROIDO



     Co gallo da celebración do Entroido o departamento de artes plásticas realizou unha actividade consistente en crear unhas máscaras de Entroido. Unha vez rematadas cada alumno buscoulle un título a súa obra. Cos traballos xa rematados decoramos o escenario das actuacións do festival de Entroido, ao que asistiron tamén as familias, co cal tivemos a oportunidade de compartir con eles o noso traballo. A actividade desenvolveuse dentro da materia de educación plástica e visual. 

     Os alumnos/as partiron dunha carauta de cartón branca e a decoraron con distintas técnicas: pintura, collage…. A temática foi aberta pero tratase dun exercicio de creatividade e por iso tiveron prohibido copiar máscaras xa existentes, teñen que usar a carauta en branco como un soporte no que plasmar unha imaxe: un cadro, un tema: a primavera, a festa foron algúns dos temas que presentaron. Tamén inventaron monstros e moitas composicións de cores.

REDONDELA EN CURTO

A Asociación Andaina Redondela de persoas con necesidades especiais convoca a IIIª edición do seu Premio de audiovisual escolar, en colaboración co certame Redondela en curto. Pregamos teñan a ben difundir as bases que se inclúen entre os membros da súa comunidade educativa. Un cordial saúdo _Andaina Redondela 

 

IDEAS PARA REXUVENECER O DIAL

Achegamos o boletín Xuventude Novas, onde aparece publicado un artigo sobre o Laboratorio de Radio "Radio Itinerante Creativa", proxecto que lévase desenvolvendo no CPI Virxe da Cela durante dous cursos académicos, da man de Lucía Abarrategui e Sergio Pascual.