A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o concurso Lingua de namorar. O obxectivo desta iniciativa é dinamizar, a través das novas tecnoloxías, o uso da lingua galega nas relacións persoais da mocidade. Trátase dun concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 22 de febreiro de 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario