Co gallo da celebración do Entroido o departamento de artes plásticas realizou unha actividade consistente en crear unhas máscaras de Entroido. Unha vez rematadas cada alumno buscoulle un título a súa obra. Cos traballos xa rematados decoramos o escenario das actuacións do festival de Entroido, ao que asistiron tamén as familias, co cal tivemos a oportunidade de compartir con eles o noso traballo.
A actividade desenvolveuse dentro da materia de educación plástica e visual.
Os alumnos/as partiron dunha carauta de cartón branca e a decoraron con distintas técnicas: pintura, collage…. A temática foi aberta pero tratase dun exercicio de creatividade e por iso tiveron prohibido copiar máscaras xa existentes, teñen que usar a carauta en branco como un soporte no que plasmar unha imaxe: un cadro, un tema: a primavera, a festa foron algúns dos temas que presentaron. Tamén inventaron monstros e moitas composicións de cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario