miércoles, 25 de diciembre de 2019

CONCURSO DE CURTAS "SENDAS DOS FAROS"

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de convocar o Concurso de Curtas Senda dos Faros, coa finalidade de fomentar o uso e a imaxe positiva da lingua galega a través da posta en valor do patrimonio material e inmaterial do territorio polo que atravesa esta ruta​ litoral. Establécese unha única categoría destinada a alumnado de ESO, bacharelato, FP básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio dos centros sostidos con fondos públicos. Ademais de seis premios para os centros gañadores, outorgarase unha certificación de Premio de Innovación Educativa a cada docente responsable dos traballos que acaden o 1.º, 2.º e 3.º galardóns. O prazo para solicitar a participación rematará o 30 de xaneiro e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo.

sábado, 21 de diciembre de 2019

CPI VIRXE DA CELA. FESTIVAL DE NADAL 2019

Hoxe , como tódolos anos celebramos o festival de Nadal.  E como as veces é mellor unha imaxe que mil palabras, aquí vos deixamos as  estupendas actuacións  dos alumnos/as do noso cole.

Desde o  CPI Plurilingüe Virxe da Cela deséxavos un Bo Nadal e unhas Felices vacacións.

























martes, 17 de diciembre de 2019

IX EDICIÓN NÓS TAMÉN CREAMOS


A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio Televisión de Galicia, convocan a IX edición dos premios a curtas de animación Nós tamén creamos! O concurso está dirixido a alumnado de educación infantil e de 1.º a 4.º de primaria. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 20 de xaneiro e a data límite de envío das curtas será o 30 de abril de 2020.




jueves, 5 de diciembre de 2019

VI CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Deputación da Coruña convoca o VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero para concienciar e sensibilizar a mocidade e a poboación en xeral sobre as violencias exercidas sobre as mulleres. Esta nova convocatoria céntrase especialmente na violencia económica e a discriminación no eido laboral. No certame poderán participar estudantes de entre 12 e 18 anos, individualmente ou en grupo, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga nos centros públicos da provincia da Coruña. Os traballos non superarán as 4 páxinas e deberán presentarse por vía telemática na sede electrónica da Deputación da Coruña ata o 11 de decembro ás 14:00 h.




miércoles, 4 de diciembre de 2019

PALABRAS CON MEMORIA

PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da AELG que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción. E tamén palabras e expresións que non recollen os dicionarios. A persoa que visita esta sección da web, ademais de consultar o glosario mensualmente actualizado pendurado nela, poderá enriquecelo enviando os vocábulos que teña arrombados no faio da lembranza ao enderezo palabra.con.memoria@aelg.org ou enchendo este formulario. Se algunha palabra enviada non aparece na listaxe é que foi localizada nalgún dicionario.

 web palabras con memoria


2º CERTAME DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte nas Ondas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan o 2.º Certame de Podcast Xosé Mosquera Pérez. Poderá participar alumnado de 11 a 18 anos de centros de educación primaria (6.º curso) e doutros centros de ensino non universitario de Galicia. Os poscasts tratarán algún aspecto relacionado co patrimonio literario de Galicia e Portugal e coas súas figuras relevantes. Os traballos deberán enviarse ata o 17 de maio de 2020 a certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org. A solicitude para participar debe formalizarse antes do día 28 de febreiro de 2020. Achegámosvos as bases na seguinte ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0098/certame-escolar-podcasts-galego-xose-mosquera-perez




martes, 3 de diciembre de 2019

OS MONICREQUES DE KUKAS

Luns 2 de decembro 2019, compañía Os Monicreques de Kukas, coa obra "O encoro encantado", para educación infantil e educación primaria.


viernes, 15 de noviembre de 2019

"ACUARIO" TEATRO GHAZAFELHOS

O alumnado de EI asistiu á representación da obra teatral "Acuario" da compañía Ghazafelhos o pasado xoves 7 de novembro do Auditorio de Narón. Esta peza está basada nun poemario da escritora María Canosa e o su obxectivo é achegar aos máis pequenos a poesía en lingua galega e tamén que descubran a riqueza biolóxica e gastronómica do litoral galego. 


miércoles, 13 de noviembre de 2019

III CERTAME DE NARRACIÓN HISTÓRICA

Bases do III Certame de Narración Histórica do CEIP López Ferreiro. O obxectivo deste concurso de relatos é recrear a historia e intrahistoria de Galicia a partir da investigación sobre sucesos, personaxes, monumentos…, que foron determinantes no devir histórico da nosa comunidade desde a antigüidade ata o s XX. A convocatoria está aberta ao alumnado de 5.º e 6.º de educación primaria e de 1.º e 2.º de ESO de todos os centros educativos galegos.








martes, 5 de noviembre de 2019

ESCAPE ROOM TERRORÍFICA!!!

Aproveitando o ambiente de terror e medo do Samaín, o alumnado de Educación Primaria participou nun espeluznante Escape Room organizado por Ruth Varela (mestra de educación física).


lunes, 4 de noviembre de 2019

GRUPO DE XORNALISTAS PARA A REVISTA ESCOLAR

Coordinado por Laura Ferro, profesora de Galego e Francés na ESO. Grupo de alumnos/as voluntarios. Primeira reunión na biblioteca escolar o luns 4 de novembro de 2019, ás 14:00 horas.




domingo, 3 de noviembre de 2019

A FESTA DO MEDO NO SAMAÍN

O venres 25 de outubro os máis pequenos desfrutamos o taller ao grande!!!!!!! Un título terrorífico: A festa do Medooooo!!

 

miércoles, 30 de octubre de 2019

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Mércores 30 outubro 2019. Actuación Paco Nogueiras e degustación de castanas. Entrega de premios Concurso de Portas e Concurso de Cabazas.

PREMIADOS CONCURSO PORTAS:

4º primaria e 2º ESO
As portas das aulas de educación infantil levaron un diploma e un agasallo de mención especial

PREMIADOS CONCURSO CABAZAS:


  • Cabaza máis divertida: Mario Prieto (5º EI)
  • Cabaza máis orixinal: Tatiana Mosquera (4º EP)
  • Cabaza máis doce: Saray Souto (3º EP)
  • Cabaza máis terrorífica: Marcos Garabana (6º EP)

















martes, 29 de octubre de 2019

SIMPOSIO ANTONIO FRAGUAS

A Fundación Antonio Fraguas, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega convídanvos a asistir ao Simposio Antonio Fraguas que se desenvolverá na Coruña (na sede da RAG) o día 26 de novembro e en Santiago de Compostela (no Museo do Pobo Galego) os días 27 e 28.



CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publicou o 22 de outubro a convocatoria do Concurso-Exposición sobre Ricardo Carballo Calero (Ricardo Carvalho Calero), o autor escollido pola RAG para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020. O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2020 (incluído). O profesorado participante na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora). 



miércoles, 23 de octubre de 2019

TEATRO " PATAPATÚM".

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria asistiu hoxe ao Auditorio de Narón para ver a obra "Patapatúm" da compañía de teatro Elefante Elegante.
Unha montaña de agasallos! Os pequenos non dan feito entre tanto xoguete e mentres os adultos non son quen de atopar un oco na axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.
PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual sen palabras que amosa unha reflexión sobre o tempo, a crianza e cómo enchemos os baleiros das nosas ausencias.














miércoles, 16 de octubre de 2019

XORNADA DE FORMACIÓN "DIGICRAFT NO TEU COLE"

Mª Camino Pereiro. Presentación "Digicraft no teu cole". Santiago de Compostela
       

       O CPIP Virxe da Cela participa este curso no programa "Digicraft no teu cole". O mércores 16 de outubro estase celebrando en Santiago de Compostela as xornadas de formación para este programa, ás que asisten a directora do noso centro e o coordinador de TICs. 
      Ata 50 centros escolares poderán beneficiarse desta iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone España pon en marcha “DigiCraft no teu cole”, que terá unha duración de dous anos e enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia ‘DigiTalent’ impulsado pola Amtega. 
     Os centros que se adhiran a DigiCraft terán acceso a formación para que os profesores poidan impartir o programa nas aulas, así como aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades e dotación de tabletas e kits tecnolóxicos, que permitirán aos docentes e alumnado desenvolver as actividades establecidas. 
     O programa articúlase ao redor da metodoloxía DigiCraft, un sistema de aprendizaxe específico baseado no xogo e a experimentación, deseñada pola Universidade de Salamanca para a Fundación Vodafone España para axudar aos nenos e nenas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.

IV XORNADA DE ONOMÁSTICA GALEGA

viernes, 11 de octubre de 2019

PEQUENOS OLLOS, GRANDES OBRAS

O alumnado do CPI Virxe da Cela realiza un particular percorrido polas obras de diferentes mulleres artistas. Unha forma de mergullarse na arte e de debatir sobre diferentes obras, aportando a súa opinión e concienciando sobre a existencia de mulleres artistas. "Pequenos Ollos, Grandes Obras" pretende ser unha canle para achegar a arte e todas as súas implicacións á xente máis cativa. 👩‍🎨 Neste paseo audiovisual desfrutaremos de: 'Concorde' de Maruxa Mallo 'Ubi Girl from Tai Region' de Löis Mailou 'Sen título' de Lee Krasner 'Hacia acuario' de Remedios Varo.

Unha produción do CPI Virxe da Cela coa colaboración do Laboratorio de Radio e o apoio de Ayuda en Acción e Fundación La Caixa.


martes, 8 de octubre de 2019

PROXECTO PESQUEDELLAS: ESCOITAR, APRENDER E COMPARTIR


Este pequeno documental é o reflexo do traballo do Grupo Pesquedellas, onde a través de preguntas a grupos de mozos e mozas protagonistas de proxectos interesantes que están a difundir o folclore e a informantes e recolledores que viven o folclore como parte importante das súas vidas, buscamos dar resposta a como compartir e difundir o folclore ca xuventude.


domingo, 29 de septiembre de 2019

AS NOSAS TRADICIÓNS: A VENDIMIA

Os nenos e nenas de educación infantil fixeron o pasado venres 27 de setembro unha divertida sesión de vendimia para experimentar este proceso artesanal: pisar as uvas cos propios pés, notar a textura na pel, oler os aromas, divertirse xogando... e de paso recuperar as nosas tradicións antes de que se perdan!!

 

viernes, 27 de septiembre de 2019

XXVI Edición Premios da Publicidade en Galego

A SXPL, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador convocan a XXVI edición dos Premios da Publicidade en Galego; establécense cinco premios: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para centros educativos. A data límite para presentarse é o 18 de outubro.



jueves, 26 de septiembre de 2019

26 DE SETEMBRO: DÍA DAS DAS LINGUAS EUROPEAS



Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, lembranos a importancia e máis a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas.
Neste día, desde o noso centro, queremos compartir o conto Mahán e a cadeira vermella. Un conto creado e ilustrado polo alumnado do no noso centro para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s e que presentamos en galego, castelán e inglés.Unha oportunidade para destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.





miércoles, 25 de septiembre de 2019

GRANXAS LOUSADA EN RTVENXEBRE



A RTVEnxebre, representada polo alumnado de 6º de Primaria, visita ás Granxas Lousada (Irixoa) para coñecer os seus productos ecolóxicos e o seu traballo a prol do rural. Xa sabedes... suscribídevos ao rural! Co apoio de Fundación La Caixa e Ayuda en Acción.

jueves, 27 de junio de 2019

ETAPAS DA HISTORIA

Os menos e nenas de infantil traballaron ao longo do segundo trimestre diferentes épocas históricas: a Prehistoria en 3 anos, os celtas en 4 anos e os romanos en 5 anos e fixemos un mural entre todos.


INTERVENCIÓNS ASISTIDAS CON ANIMAIS

A Educación Infantil viñéronnos a visitar dous cadeliños (Nuba e Balú) de Cadelar, que se encargan de facer Intervencións Asistidas con Animais. Con Nuba ensináronnos como se deben coidar ás nosas mascotas e puidemos levar a cabo un pequeno circuíto de agility con Balú. Pasámolo xenial aprendendo sobre os nosos amigos!




RTVENXEBRE EN MADRID

Para pechar tempada, RTVEnxebre puxo o ramo do mellor xeito: visitando Madrid para facer unha reportaxe co alumnado de 5º de Primaria como protagonista. En primeiro lugar a redacción de 5º visitou as instalacións da Fundación La Caixa e entrevistou a Javier Verdasco, xestor territorial da Obra Social La Caixa en Madrid. Con esta entrevista puideron coñecer os diferentes proxectos sociais desenvoltos e o seu impacto. En segundo lugar, o alumnado coñeceu o traballo dunha redacción amiga, a Cadena SER e da emisora musical Los 40 principales. Dende os estudos da emisora nacional, o alumnado entrevistou ao subdirector de “La Ventana”, Roberto Sánchez, nunha entrevista moi especial. Ademais, coincidindo cunha emisión local, Marta González Novo entrevistou á directora do CPI Virxe da Cela, Camino Pereiro, ao cofundador do Laboratorio de Radio, Sergio Pascual, e a catro alumnos/as: Iria, Bruno P., Marcos e Diego. Pola tarde, o alumnado asistiu a unha parte do programa “La Ventana” no que o propio Sánchez entrevistou a Lucía e Bruno Caínzos, ademais de Beatriz Varela, promotora do proxecto dende Ayuda en Acción, e Lucía Abarrategui, de Laboratorio de Radio. Unha nova aventura para coñecer un novo medio pero sobre todo para valorar o noso, para valorar o rural e todas as oportunidades que nos ofrece. Xa sabedes...suscribídevos ao rural e á nosa canle de Youtube!






A VIAXE AUDIOVISUAL DE RTVENXEBRE

       Dende hai catro cursos, Laboratorio de Radio e CPI Virxe da Cela xuntaron esforzos para achegar os beneficios pedagóxicos da radio ao alumnado e o certo é que os resultados están sendo marabillosos. Isto é posible grazas a Ayuda en Acción e Fundación Repsol. Este curso, a radio permitiu ao alumnado seguir coñecendo a súa contorna (o entroido da zona, ou a vida dunha veciña, por exemplo) pero ademais, supuxo unha conexión con outras realidades. Lembremos un programa en directo dende o CHUAC de A Coruña para falar da doazón de órganos ou un programa interescolar co CEIP Baraouta para celebra o Día Mundial da Radio
     Ás potencialidades deste medio, sumouse outro: a creación dunha canle de televisión con emisión mundial en Youtube. Co apoio de Ayuda en Acción e Fundación la Caixa, naceu Radio Televisión Enxebre para que o alumnado sexa quen de producir, preprarar pezas audiovisuais que se suman ás radiofónicas. Isto reafirma, novamente, o compromiso do colexio coa innovación e o desenvolvemento das capacidades comunicativas e cívicas do alumnado. 
       Esta RTVEnxebre ten traballado con tódolos cursos de Primaria. O percorrido televisivo fixo que en 1º e 2º de Primaria realizaran contos sobre a igualdade ou describiran cadros de mulleres artistas. En 3º realizaron unha peza sobre as Letras Galegas pero só de autores e autoras vivas, dando as súas recomedacións para celebrar o grande día da nosa literatura. En canto a 4º de Primaria puideron entrevistar a Jacinto Mathe, un mozambicano que compartiu co alumnado a súa historia de loita e superación, sendo un fermoso exemplo para todas nós. Ademais, este curso coñeceu en persoa ‘La Radio de los Gatos’, a radio feita por persoas con parálise cerebral do centro ASPACE en Sada coas que realizaron unha serie de entrevistas. Outra das liñas que se traballaron foi a posta en valor do rural e da contorna. O grupo de 5º de Primaria entrevistou a Ana González, responsable de Casa Lourán e á mestra Mercedes Cachaza. Para rematar, o grupo de 6º de Primaria entrevistou ao antigo conserxe do cole, Álvaro e á cociñeira Pura, ademais de visitar as Granxas de Lousada. 
    Con todos estes contidos, o obxectivo principal deste proxecto é poñer en valor o rural para dar conta de todo o que se fai nel, as oportunidades que a xuventude poder atopar a través de entrevistas a persoas de referencia á axentes da contorna social, educativa ou económica de Monfero e, como defende RTVEnxebre, “suscribirse ó rural”.

martes, 25 de junio de 2019

O QUE NON SE NOMEA NON EXISTE

O alumnado de 2º de EP continuamos co proxecto iniciado o curso pasado co que se pretendía dar visibilidade ás mulleres. Así, seguimos a traballar coas publicacións da Editorial Urco “Mulleres bravas da nosa historia” na que a modo de conto foron coñecendo a biografía de diferentes mulleres como Xulia Minguillán ou Pepa a Loba. Ademais coñeceron a vida de Ángeles Alvariño, Gloria Fuertes, Marie Curie ou Natividad Yarza. Ao longo de todo o curso traballamos dun xeito transversal, buscando sempre exemplos de mulleres para poñer nos diferentes contidos que fomos traballando en todas as áreas. Na área de Ciencias sociais ao traballar os contidos relacionados co Concello e o exercicio da cidadanía, coñecimos a Natividad Yarza, a primeira alcaldesa elixida democraticamente que ademais loitou na Guerra Civil con 63 anos. En Ciencias naturais coñecimos a Marie Curie e Ángeles Alvariño, a primeira muller que traballou nun buque oceanográfico. Na área de Lingua e literatura castelá traballamos con poemas de Gloria Fuertes e aprendemos algo sobre a súa vida, como a súa implicación na igualdade entre homes e mulleres. A partir da Editorial Urco, coñecemos á pintora Xulia Minguillán e á bandoleira Pepa a Loba.






PROXECTO NATURALISTAS

O “Proxecto Naturalista” xurde da fusión dos proxectos “Eu fago de…” e “Ha medrar…” dado o gran interese do alumnado polos temas de animais na área de ciencias. Neste novo proxecto se recolleron a meirande parte dos obxectivos dos anteriores e ademáis incorporamos os de afondamento nas especies animais existentes nos espazos naturais que nos rodean. Aproveitando a contorna do centro así como a proximidade das Fragas do Eume, o alumnado de educación primaria ampliou o coñecemento de especies vexetais e animais da contorna. Levouse a cabo no 2º e 3º trimestre, e destacamos: 
      • Saída pola contorna para escoitar o canto das aves que rodean o espazo do centro educativo e para recoller mostras para a elaboración dun caderno de campo; visita ao centro de interpretación e ao espazo natural de As Fragas do Eume. Saídas complementarias ao Museo de Historia Natural SGHN de Ferrol. 
      • Elaboración dun traballo artístico e informativo sobre as especies traballadas, Coñecemento da denominación galega e científica dos nomes así como denominación local e variedade lingüística dos nomes das especies, Consulta de guías e páxinas web en galego relativas ao medio natural. Coñecemento de asociacións naturalistas da nosa contorna. 
     • Elaboración dunha exposición colectiva coincidindo co día mundial da auga, incorporando o lema deste ano á exposición.