miércoles, 16 de octubre de 2019

XORNADA DE FORMACIÓN "DIGICRAFT NO TEU COLE"

Mª Camino Pereiro. Presentación "Digicraft no teu cole". Santiago de Compostela
       

       O CPIP Virxe da Cela participa este curso no programa "Digicraft no teu cole". O mércores 16 de outubro estase celebrando en Santiago de Compostela as xornadas de formación para este programa, ás que asisten a directora do noso centro e o coordinador de TICs. 
      Ata 50 centros escolares poderán beneficiarse desta iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone España pon en marcha “DigiCraft no teu cole”, que terá unha duración de dous anos e enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia ‘DigiTalent’ impulsado pola Amtega. 
     Os centros que se adhiran a DigiCraft terán acceso a formación para que os profesores poidan impartir o programa nas aulas, así como aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades e dotación de tabletas e kits tecnolóxicos, que permitirán aos docentes e alumnado desenvolver as actividades establecidas. 
     O programa articúlase ao redor da metodoloxía DigiCraft, un sistema de aprendizaxe específico baseado no xogo e a experimentación, deseñada pola Universidade de Salamanca para a Fundación Vodafone España para axudar aos nenos e nenas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.

No hay comentarios:

Publicar un comentario