A Real Academia Galega, a través da súa iniciativa "Primavera das Letras" entrégalle o presente diploma ao CPI Virxe da Cela (Monfero) en recoñecemento do seu destacado traballo en prol do recordo e divulgación da vida e obra de Xelia Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021
Mostrando entradas con la etiqueta RAE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RAE. Mostrar todas las entradas
lunes, 17 de enero de 2022
miércoles, 14 de abril de 2021
PRIMAVERA DAS LETRAS: XELA ARIAS
A Real Academia Galega puxo en marcha neste mes de marzo unha nova edición do proxecto Primavera das Letras, dedicado nesta ocasión a Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021. A institución fornecerá a comunidade educativa de infantil e primaria, a través da páxina primaveradasletras.gal, de recursos lúdicos e didácticos relacionados coa figura e a obra da autora, e tamén con diversos contidos transversais do currículo.
As primeiras fichas e actividades interactivas xa están dispoñibles neste espazo no que a Real Academia Galega irá compartindo novos contidos ao longo das vindeiras semanas. Podedes acceder ao espazo a trav'es da seguinte ligaz'on
Etiquetas:
Letras Galegas 2021,
Primavera das letras,
RAE,
Xela Arias
lunes, 14 de mayo de 2012
O CPI "Virxe da Cela" en V televisión
Un equipo de V Televisión visitou o noso centro para entrevistar a Carmen Espiñeira, profesora que imparte lingua castelá en 1º e 2º ciclo da ESO, e que está levando a cabo unha curiosa iniciativa: conseguir a revisión do termo "rural" que figura no dicionario da RAE. Os seus alumnos e alumnas están moi involucrados nesta iniciativa, xa que son conscientes que os termos "tosco" e "inculto" non son adxectivos que definan hoxe en día o concepto rural. Por iso pediron xa apoyo nos concellos de Irixoa, Monfero e Vilarmaior para logar o seu cometido: unha refinición do termo por parte da Real Academia de Lingua Española.
As cámaras de V Televisión entrevistaron tamén a varios veciños que apoian a proposta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
