Un equipo de V Televisión visitou o noso centro para entrevistar a Carmen Espiñeira, profesora que imparte lingua castelá en 1º e 2º ciclo da ESO, e que está levando a cabo unha curiosa iniciativa: conseguir a revisión do termo "rural" que figura no dicionario da RAE. Os seus alumnos e alumnas están moi involucrados nesta iniciativa, xa que son conscientes que os termos "tosco" e "inculto" non son adxectivos que definan hoxe en día o concepto rural. Por iso pediron xa apoyo nos concellos de Irixoa, Monfero e Vilarmaior para logar o seu cometido: unha refinición do termo por parte da Real Academia de Lingua Española.
As cámaras de V Televisión entrevistaron tamén a varios veciños que apoian a proposta.
Da gusto ver rapaces comprometidos coa terra e as súas xentes. Seguide así. Felipe G.H.
ResponderEliminar