O último venres do mes de maio foi o día elixido para celebrar un pequeno acto homenaxeando a este mes florido. Xa vén sendo unha tradición na nosa escola, e por cuarto ano consecutivo a música e o baile son os protagonistas. O alumnado de 3º da ESO preparou unha danza de fitas, acompañada por instrumentos tradicionais (pandeiretas, tamboril, bombo). Os máis pequenos, os rapaces e rapazas de infantil e primaria, cantaron e bailaron unha muiñeira. Como despedida, antes de que os peques entrasen ao comedor escolar, houbo un momento de baile conxunto, con brincos, batir de palmas e incluso unha cadea humana que percorría o patio ao ritmo das pandeiretas. E como broche final a este mini-festival dos Maios, os rapaces e rapazas de 2º e 3º da ESO botaron unhas cantas pezas do noso folclore popular. Contamos ademáis nesta celebración con convidados moi especiais: antigos mestres da escola xa xubilados que viñeron facer unha visita e se deleitaron coas músicas e os bailes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario