Desde fai varios anos o Departamento de Música vén traballando na
elaboración dun “cancioneiro”, para poder recuperar a memoria dos maiores,
tratando de rescatar a tradición oral da zona. Os encargados desta tarefa son
os alumnos/as de 2º da ESO, que, buscando informantes na súa propia familia ou
no ámbito social máis próximo, recollen información variadas (cantigas, coplas,
refráns, adiviñas, contos populares, etc). Ano tras ano imos engrosando un
arquivo documental a base de textos, e actualmente, grazas ás novas
tecnoloxías, incluíndo rexistros audiovisuais (gravación de audio e video
empregando os teléfonos móbiles).
Bravo pola iniciativa. É XENIAL !!!
ResponderEliminar