Mostrando entradas con la etiqueta A Nosa Paisaxe a Nosa Vida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Nosa Paisaxe a Nosa Vida. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2015

COÑECEMOS AS NOSAS FRAGAS






    O alumnado de 4º de primaria do CPI Virxe da Cela realizou esta actividade dentro do proxecto Somos paisaxe, somos vida. Consistiu na busca de información na internet das árbores que poboan as Fragas do Eume centrándose nas características máis importantes de follas, froito e flor así como na súa utilidade para as persoas e animais que os rodean. Posteriormente elaborouse unha presentación que se pendurou no blog do proxecto e unha serie de actividades coa aplicación de creación de contidos Ardora.

    Realizándose esta actividade tratouse de acadar os seguintes obxectivos: coñecer as características máis importantes da flora da nosa contorna; elaborar diferentes materiais en lingua galega; aprender a respectar e coidar o medio que nos rodea e fomentar o emprego das novas tecnoloxías.

miércoles, 3 de junio de 2015

PROXECTO "GÚSTAME DE ONDE SON". ESCOLAS EN ACCIÓN (REDE NATURA)

           

Con este proxecto pretendese acadar a implicación do alumnado, do profesorado e do conxunto da comunidade educativa no deseño e desenvolvemento dunha serie de actuacións, que supoñan a posta en valor do patrimonio natural imprescindible para o desenvolvemento, tanto social, económico como cultural da contorna. Centrase este proxecto nas Fragas do Eume, que presenta unhas características singulares que forman parte da identidade cultural de tódolos veciños. Realizaranse actividades nas aulas que permitan identificar as peculiaridades deste espazo e outras para desenvolver no entorno familiar que permita identificar a riqueza natural, patrimonial, económica, … deste espazo natural. Tamén se estudarán as problemáticas ambientais deste espazo e a súa repercusión no medio.

martes, 5 de noviembre de 2013

O CPI VIRXE DA CELA NAS XORNADAS INICIAIS DO PLAN PROXECTA

Xa sabedes que o pasado curso académico o CPI Virxe da Cela participou en varias iniciativas do Plan Proxecta. Unha delas foi o Proxecto Ríos, coordinado desde o departamento de CCNN pola profesora María José Fandiño, e incluído dentro das actividades do noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego. Para darlle un enfoque más disciplinar a este proxecto, uníronse varios departamentos (CCSS, Relixión, Música, e Francés entre outros), cada un coa súa orixinal aportación, contribuíndo a enriquecer esta abordaxe á temática dos ríos desde o estudo da cultura e da tradición. O resultado gustou tanto que convidaron ao noso centro a expoñer o traballo elaborado na xornada inicial do Plan Proxecta que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado sábado 26 de outubro de 2013.

Nestas mesmas xornadas o CPI Virxe da Cela fixo dobrete, xa que dentro do apartado "Doce meses, doce paisaxes" presentouse o proxecto "A nosa vida, a nosa paisaxe", desenvolvido tamén o pasado curso académico no noso centro e coordinado pola profe de primaria Mª Camino Pereiro, e no que traballaron diferentes niveis educativos (EP e ESO), de novo con diferentes departamentos implicados. No pasado mes de maio xa fixemos unha crónica sobre este proxecto, que foi premiado naquel entón.

Nos seguintes enlace podedes obter máis información sobre a intervención do CPI Virxe da Cela nas Xornadas Iniciais do Plan Proxecta.

http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=332&Itemid=29
 
 

http://www.cmati.xunta.es/axenda21/?p=4326