Con este proxecto pretendese acadar a implicación do alumnado, do
profesorado e do conxunto da comunidade educativa no deseño e desenvolvemento
dunha serie de actuacións, que supoñan a posta en valor do patrimonio natural imprescindible
para o desenvolvemento, tanto social, económico como cultural da contorna.
Centrase este proxecto nas Fragas do Eume, que presenta unhas características
singulares que forman parte da identidade cultural de tódolos veciños.
Realizaranse actividades nas aulas que permitan identificar as peculiaridades
deste espazo e outras para desenvolver no entorno familiar que permita
identificar a riqueza natural, patrimonial, económica, … deste espazo natural.
Tamén se estudarán as problemáticas ambientais deste espazo e a súa repercusión
no medio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario