Os dous grandes protagonistas do proxecto "Os Piratas do Río Lambre" que o alumnado de infantil está a desenvolver, son o Pirata Parcherata e o seu Loro Plumaloca. Serán eles quenes coas súas singladuras nos axuden a descubrir a fauna e flora, así como a coidar a nosa contorna. Realizando actividades EDILIM, JClic, Power Point, Chroma... que favorezan a participación, cooperación e observación do medio natural.
O seu desenvolvemento tivo lugar no día a día ao longo de todo o curso, coas diferentes aportaciones que os propios nenos e nenas ían facendo: mensaxes, mapas, xogos de mesa, cancións, videos, fichas de vocabulario…
Así como coa colaboración dun mestre de educación secundaria do centro, quen interpretou o papel do pirata PARCHERATA, intentando que fose unha vivencia no mundo dos piratas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario