O mércores
27 de maio os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria fomos a unha
excursión ao Castelo de Vimianzo e a Cabana de Bergantiños, onde vimos o Dolmen
de Dombate.
Este
monumento megalítico servía para enterrar xente e está formado por unha serie
de pedras no chan e outra pedra enriba. Ademais é un Dolmen especial porque ten
pinturas rupestres e outro Dolmen máis pequeno ao lado. Para que se conserve
ben construíron un edificio grande onde o teito se fixo inspirándose nas súas
pinturas.
Despois de
ver o Dolmen fomos ao Castelo de Vimianzo. As cousas que máis nos impresionaron
foi a súa altura e o ben que se conserva para o antigo que é, xa que foi
construído nos séculos XII e XIII. Ademais vimos a unha señora tecendo, a outra
palillando e o guía contounos moitas cousas sobre a época dos irmandiños.
Para comer
fomos ao Refuxio de Verdes que está en Coristanco a carón do río Anllóns. Alí
había un muíño, mesas de pedra e algúns paisanos facendo o churrasco. Estivemos
xogando, escalando nas pedras, a cando nos iamos mercar un xeado, uns rapaces
que se estaban bañando no río salpicáronnos! Foi unha gran aventura!!
Alumnos
e alumnas de 4º de primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario