martes, 27 de febrero de 2018

O NOSO CENTRO NAS XORNADAS " CONTRATOS PROGRAMA, UN PLAN PARA CADA CENTRO"

O venres 23 de marzo celebráronse en Santiago as Xornadas “Contratos programa, un plan para cada centro”, convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As xornadas, nas que estiveron presentes uns 600 profesores e responsables dos equipos directivos de centros galegos, serviron para divulgar as boas prácticas, identificadas no desenvolvemento dos programas nos diferentes centros, para que poidan servir de modelo de referencia na organización e xestión doutros centros. E alí estivo a nosa directora Camino Pereiro intercambiando a experiencia do noso cole coa de outros centros participantes.


 Nela explicou como implementamos no Virxe da Cela  as distintas modalidades de Contratos Programa coas que contamos e que levamos a termo a través dos distintos proxectos:  
·         Proxectos de coeducación, igualdade, convivencia e voluntariado
·         Proxectos de desenvolvemento endóxeno sustentable
·         Proxectos de mellora da convivencia e das relacións comunitarias
·         Proxectos de compensación das desigualdades
·         Proxectos para unha vida saudable
·         Proxectos de desenvolvemento da competencia STEAM,
·         Proxectos de formación e investigación e mellora da calidade educativa.


 

jueves, 22 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA NO VIRXE DA CELA

A poeta galega máis universal, Rosalía de Castro, estaría de aniversario este sábado, día 24 de febreiro, unha xornada a celebrar festexando a nosa autora. Así, no marco deste evento, quixemos celebrar o Día de Rosalía intentando vencellar lectura e competencia dixital realizando un pequeno vídeo no que destacamos a actualidade reivindicativa que a obra de Rosalía segue a ter nos tempos actuais xa que, dende sempre, ela asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.

Coa lectura do manifesto  “Abride a fiestra” escrito por María Reimóndez os alumnos e alumnas de 1º de ESO homenaxean así a Rosalía.

             

Tamén a partir do lema deste ano, #AbrideAFiestra,  penduramos na parte interior dos vidros e en distintos paneis diversos debuxos iconográficos de Rosalía para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. 

Ademais realizamos chapas que repartimos entre a comunidade educativa e fixemos unha mostra expositiva da obra rosaliana que podedes consultar na nosa biblioteca.






E como non podía faltar a música, os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria continuando co Proxecta Donas de sí, homenaxean a Rosalía no seu día, no seguinte vídeo co poema "Adiós ríos, adiós fontes".


miércoles, 21 de febrero de 2018

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo. Cada ano a AELG encomenda a un autor/a o texto do manifesto que se propón ler en cada un dos actos que calquera entidade ou colectivo queira organizar para celebrar o Día de Rosalía de Castro. Este ano foi María Reimóndez a encargada da elaboración do seguinte:





I CONCURSO DE NARRACIÓN HISTÓRICA

O prazo para presentar os relatos ao I Certame de Narración Histórica do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela remata o 28 de febreiro. Trátase dun concurso dirixido a alumnado de todos os centros educativos galegos que estude 5.º/6.º de EP ou 1.º/2.º de ESO.

 

viernes, 9 de febrero de 2018

FESTIVAL DE ENTROIDO 2018 NO VIRXE DA CELA





     
 Nin o frío nin a choiva impediron que o alumnado do CPI Virxe Plurilingüe Virxe da Cela levaran a cabo o tan esperado Festival de Antroido 2018. Celebrado este ano nun comedor escolar transformado en salón de actos, diferentes números musicais e teatrais fóronse sucedendo na mañá do venres 9 de febreiro de 2018. 
       Destacamos a presencia da temática “acuática” tanto na decoración do salón de actos como nos diferentes disfraces e actuacións: o número musical con fondos mariños e peixiños “Nemos” de educación infantil; a actuación “Xornada de praia con Maruja Mallo e Pablo Neruda” de 1º e 2º de educación primaria; ou a obra de teatro “Peixería O Xestal” de 5º e 6º de educación primaria. 
     E sen facer referencia ao elemento “acuático” tivemos os fantásticos e variados disfraces dos nenos/as de “3º e 4º de primaria con “Antroido Ibérico”; a obra de teatro “Un día de clase” de 1º da ESO; a actuación musical de 3º de ESO co número “El Moreno del Whatsapp”; ou a simpática parodia do concurso televisivo “Primeiras Citas” de 4º da ESO. 
     E despois de tanto baile e diversión as larpeiradas puxeron o punto final a este festival de Antroido 2018. Queremos dar as grazas as nosas magníficas cociñeiras por prepararnos a xa habitual degustación de doces típicos do Antroido, bañados con chocolate ben quente!!







lunes, 5 de febrero de 2018

FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI

Ábrese o prazo para participar en Olloboi! Desde hoxe e ata o 30 de abril alumnado e profesorado pode inscribir as súas curtas escolares en Olloboi.com. Estreamos páxina web e nela atópase, ademais do formulario e bases desta edición, as curtas gañadoras de cursos pasados e interesantes recursos para elaborar unha peza (actividades e charlas con profesionais en Aprendo con Olloboi, das que avanzamos unha pequena píldora co Olloconsello de Miguel de Lira). Hai recoñecemento á mellor curta de Infantil e Primaria (categoría Peque), e á mellor de Ensino Superior (Plus18). Ademais, o noso Xurado outorgará premios á mellor montaxe, interpretación, fotografía, guión, son e arte. A entrega de premios terá lugar o venres 11 de maio dentro dos actos do Encontro Olloboi. Inscríbete xa na nosa web! Enviaremos máis información sobre o Encontro en vindeiras comunicacións. Así que... a divertirse, crear e compartir!