jueves, 22 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA NO VIRXE DA CELA

A poeta galega máis universal, Rosalía de Castro, estaría de aniversario este sábado, día 24 de febreiro, unha xornada a celebrar festexando a nosa autora. Así, no marco deste evento, quixemos celebrar o Día de Rosalía intentando vencellar lectura e competencia dixital realizando un pequeno vídeo no que destacamos a actualidade reivindicativa que a obra de Rosalía segue a ter nos tempos actuais xa que, dende sempre, ela asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.

Coa lectura do manifesto  “Abride a fiestra” escrito por María Reimóndez os alumnos e alumnas de 1º de ESO homenaxean así a Rosalía.

             

Tamén a partir do lema deste ano, #AbrideAFiestra,  penduramos na parte interior dos vidros e en distintos paneis diversos debuxos iconográficos de Rosalía para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. 

Ademais realizamos chapas que repartimos entre a comunidade educativa e fixemos unha mostra expositiva da obra rosaliana que podedes consultar na nosa biblioteca.






E como non podía faltar a música, os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria continuando co Proxecta Donas de sí, homenaxean a Rosalía no seu día, no seguinte vídeo co poema "Adiós ríos, adiós fontes".


No hay comentarios:

Publicar un comentario