Mostrando entradas con la etiqueta grupo folclórico Virxe da Cela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta grupo folclórico Virxe da Cela. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de noviembre de 2025

ACTUACIÓN MUSICA TRADICIONAL ALUMNADO CPI VIRXE DA CELA

O pasado 19 de novembro de 2025, os meus compañeiros de 4º da ESO, moitos deles pertencentes ao Grupo Folclórico Virxe da Cela  e máis eu tivemos que ir a tocar como sustitutos nun acto levado a cabo en Pontedeume en conmemoración ao Día dos Dereitos da Infancia. Foi para o meu parecer algo novo, debido a que no lo dixeran 18 horas antes, pero preparámolo ben e conseguimos pasar do 5, como quen di. É certo que faltounos afinar as gaitas, cousa que se notaba moito, pero polo resto foi fluído. Fora da nosa actuación, todo foi moi interesante. Falaron distintas persoas, entre elas o noso director, e pois unha cousa que me quedou foi que Nerea, unha das organizadoras de Euroeume, fora a nosa profesora en 6º de mecanografía. Foi un reencontro peculiar. Nuno González, 4º ESO.