jueves, 25 de marzo de 2021

ENREGUÉIFATE 2021

Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Nesta ocasión, faino ademais coa recente boa nova de ter recibido o Premio Mil Primaveras da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) ao mellor proxecto estabilizado. 

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino. O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.








miércoles, 24 de marzo de 2021

CARTA DA RAG: PARTICIPACIÓN NO CERTAME "CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS"




O curso pasado, durante a etapa de suspensión das clases (covid-19), o alumnado de educación primaria guiados pola titora Carmen Espiñeira e coa colaboración de Lucía Abarrategui e Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico), traballaron en formato radiofónico coa obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. "As pitas baixo a choiva", adaptación sonora libre sobre textos de Carvalho Calero, presentouse ao certame "Contade o Voso día das Letras Galegas" organizado pola Real Academia Galega. Fai uns días recibimos este diploma agradecendo a nosa participación. Aproveitamos a ocasión para visualizar o traballo, en formato podcast.  

domingo, 21 de marzo de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 5. TERCEIRA ETAPA PONTEDEUME-BETANZOS

 Aquí vos deixamos o capítulo 5 da serie Antón, peregrino do camiño. Nesta etapa Antón levaranos desde Pontedeume ata Betanzos.  Xa queda menos para chegar a Santiago!!

viernes, 12 de marzo de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 4. SEGUNDA ETAPA NEDA-PONTEDEUME

 Ola de novo, queridos amigos e amigas, xa temos aquí o capítulo 4 de "Antón, peregrino do Camiño". Neste vídeo cóntanos a súa etapa de Neda ata Pontedeume, pero nesta ocasión ten un novo compañeiro de viaxe. Non deixedes de velo para saber quen é.

A próxima semana contaranos como foi  a terceira etapa que o levará ata Betanzos.

Unha aperta!!


martes, 9 de marzo de 2021

CONCURSO MÓVETE

 

O Instituto da Lingua Galega (USC) conmemora este ano o 50 aniversario da súa creación. Con motivo desta celebración puxemos en marcha, entre outras actividades, un concurso de vídeo dirixido ao estudantado de 3º e 4º de ESO ,1º e 2º de Bacharelato e ciclos de FP básica e Grao Medio de Galicia e dos territorios de fala galega fóra de Galicia. O obxectivo deste concurso é, en primeiro lugar, incentivar o uso do galego e, asemade, dar a coñecer o Instituto da Lingua Galega entre a xente nova. O concurso propón tres temas baixo o lema Móvete: Móvete co galego Promove o galego Conmóvete co galego O estudantado pode presentar propostas individuais, pero tamén é posible elaborar vídeos en grupos de aula. Nesta segunda modalidade en grupo, o/a docente da aula será o/a responsable do proxecto e a persoa de contacto coa organización do concurso. Haberá premios para as/os gañadoras/es e tamén para as/os finalistas. A medida que se vaian recibindo os vídeos iranse difundindo a través das redes do ILG (Youtube, Instagram e Twitter), de xeito que o vídeo que obteña unha maior puntuación de acordo coas interaccións a que dea lugar ao longo de todo o concurso tamén recibirá un premio.

Cartel Concurso Movete by veracruces on Scribd

jueves, 4 de marzo de 2021

ANTÓN PEREGRINO DO CAMIÑO. CAPÍTULO 3. PRIMEIRA ETAPA FERROL-NEDA

Ola de novo, queridos amigos e amigas, xa temos aquí o capítulo 3 de "Antón, peregrino do Camiño". O noso amigo xa comezou a primeira etapa  que o levou dende Ferrol ata Neda. Aquí podedes ver os lugares polos que pasou ata chegar ao albergue onde quedou a descansar ata o día seguinte.  Esperamos que vos guste.

Ah! e estade atentos ao seguinte capítulo no que poderemos ver a súa andaina da segunda etapa dende Neda ata Pontedeume.

           

XXV CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

 O Concello de Outes, comprometido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, e adoitando contribir no apoio aos novos valores da nosa cultura e das nosas letras, organiza o XXV Certame Francisco Añón de Poesía. 



miércoles, 3 de marzo de 2021

REVISTA MÓVETE XA! Nº 5, FEBREIRO 2021

Acabamos de recibir o número 5 da revista Móvete Xa!, coordinada pola mestra de educación física de EP (Ruth Varela):

 

Móvete Xa 5ª Febreiro by veracruces on Scribd

martes, 2 de marzo de 2021

PROXECTO VIAXE A MARTE

   O alumnado de 6º tiña unha ilusión: chegar a Marte!!!!! Como iso aínda non é posible encontraron outra forma para chegar aló: enviar os seus nomes (a través da NASA). Pero, porque non podían ser os de todo o cole. E así o fixeron. Ademais queren convidarnos a que todas as persoas do centro plasmen as súas ilusión e entre todas formar un mural coas mesmas. Todas as ilusións deixarémolas nunha caixa que estará no patio cuberto durante a próxima semana. 

 Na clase de 6º de educación primaria creemos que a ilusión é a maxia que leva a acadar os soños, así que soñamos con ir a Marte e queremos que nos acompañes. O primeiro paso é que os nosos nomes cheguen aló, e o teu tamén. 

    Con estas palabras os rapaces e rapazas de 6º queren convidar ao resto da comunidade educativa a formar parte deste emocionante proxecto de "Viaxe a Marte". Prepararon e repartiron unha bonita carta de presentación que inclúe, ademais do texto explicativo, un carnet personalizado para a futura misión a Marte que levará a cabo a NASA (National Aeronautics an Space Administration)