miércoles, 30 de octubre de 2019

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Mércores 30 outubro 2019. Actuación Paco Nogueiras e degustación de castanas. Entrega de premios Concurso de Portas e Concurso de Cabazas.

PREMIADOS CONCURSO PORTAS:

4º primaria e 2º ESO
As portas das aulas de educación infantil levaron un diploma e un agasallo de mención especial

PREMIADOS CONCURSO CABAZAS:


  • Cabaza máis divertida: Mario Prieto (5º EI)
  • Cabaza máis orixinal: Tatiana Mosquera (4º EP)
  • Cabaza máis doce: Saray Souto (3º EP)
  • Cabaza máis terrorífica: Marcos Garabana (6º EP)

















martes, 29 de octubre de 2019

SIMPOSIO ANTONIO FRAGUAS

A Fundación Antonio Fraguas, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega convídanvos a asistir ao Simposio Antonio Fraguas que se desenvolverá na Coruña (na sede da RAG) o día 26 de novembro e en Santiago de Compostela (no Museo do Pobo Galego) os días 27 e 28.



CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publicou o 22 de outubro a convocatoria do Concurso-Exposición sobre Ricardo Carballo Calero (Ricardo Carvalho Calero), o autor escollido pola RAG para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020. O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2020 (incluído). O profesorado participante na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora). 



miércoles, 23 de octubre de 2019

TEATRO " PATAPATÚM".

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria asistiu hoxe ao Auditorio de Narón para ver a obra "Patapatúm" da compañía de teatro Elefante Elegante.
Unha montaña de agasallos! Os pequenos non dan feito entre tanto xoguete e mentres os adultos non son quen de atopar un oco na axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.
PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual sen palabras que amosa unha reflexión sobre o tempo, a crianza e cómo enchemos os baleiros das nosas ausencias.














miércoles, 16 de octubre de 2019

XORNADA DE FORMACIÓN "DIGICRAFT NO TEU COLE"

Mª Camino Pereiro. Presentación "Digicraft no teu cole". Santiago de Compostela
       

       O CPIP Virxe da Cela participa este curso no programa "Digicraft no teu cole". O mércores 16 de outubro estase celebrando en Santiago de Compostela as xornadas de formación para este programa, ás que asisten a directora do noso centro e o coordinador de TICs. 
      Ata 50 centros escolares poderán beneficiarse desta iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone España pon en marcha “DigiCraft no teu cole”, que terá unha duración de dous anos e enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia ‘DigiTalent’ impulsado pola Amtega. 
     Os centros que se adhiran a DigiCraft terán acceso a formación para que os profesores poidan impartir o programa nas aulas, así como aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades e dotación de tabletas e kits tecnolóxicos, que permitirán aos docentes e alumnado desenvolver as actividades establecidas. 
     O programa articúlase ao redor da metodoloxía DigiCraft, un sistema de aprendizaxe específico baseado no xogo e a experimentación, deseñada pola Universidade de Salamanca para a Fundación Vodafone España para axudar aos nenos e nenas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.

IV XORNADA DE ONOMÁSTICA GALEGA

viernes, 11 de octubre de 2019

PEQUENOS OLLOS, GRANDES OBRAS

O alumnado do CPI Virxe da Cela realiza un particular percorrido polas obras de diferentes mulleres artistas. Unha forma de mergullarse na arte e de debatir sobre diferentes obras, aportando a súa opinión e concienciando sobre a existencia de mulleres artistas. "Pequenos Ollos, Grandes Obras" pretende ser unha canle para achegar a arte e todas as súas implicacións á xente máis cativa. 👩‍🎨 Neste paseo audiovisual desfrutaremos de: 'Concorde' de Maruxa Mallo 'Ubi Girl from Tai Region' de Löis Mailou 'Sen título' de Lee Krasner 'Hacia acuario' de Remedios Varo.

Unha produción do CPI Virxe da Cela coa colaboración do Laboratorio de Radio e o apoio de Ayuda en Acción e Fundación La Caixa.


martes, 8 de octubre de 2019

PROXECTO PESQUEDELLAS: ESCOITAR, APRENDER E COMPARTIR


Este pequeno documental é o reflexo do traballo do Grupo Pesquedellas, onde a través de preguntas a grupos de mozos e mozas protagonistas de proxectos interesantes que están a difundir o folclore e a informantes e recolledores que viven o folclore como parte importante das súas vidas, buscamos dar resposta a como compartir e difundir o folclore ca xuventude.