Xoves 17 de Decembro. Espectáculo de maxia a cargo dos irmáns García Pastur. Fixeron tres sesións, ás 10:30 para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria, ás 12:00 para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, e ás 13:00 para o alumnado da E.S.O. Divertímonos moitísimo con fantásticos trucos de maxia realizados con moitísimo sentido do humor.
viernes, 18 de diciembre de 2009
CONCURSO DE NADAL
Interesante e novidoso concurso de nadal que axuda a descubrir quen é quen no nadal intercultural, que ofrece o ENDL do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Unha dinámica de xogo simple, dirixido a EP e ESO, que pretende dous obxectivos didácticos básicos:
1º-Dar a coñecer ao alumnado unha figura de Nadal propia da Galicia,que está en proceso de recuperación nos últimos anos: o Apalpador ou Pandigueiro. Tátase dun xigante, carboeiro de profesión e habitante do Courel, que a noite de Nadal apalpaba as barrigas aos nenos e deixáballes unha manda de castañas e un anaco de carbón para que non pasasen fame e frío no inverno.
2º-Pór de manifesto a existencia de figuras tradicionais do Nadal anteriores aos Reis Magos e a Santa Claus, realidade que non é exclusiva do noso país senón que tamén se constata noutros territorios do Estado tales como Asturies, Cantabria, Cataluña... http://centros.edu.xunta.es/cpialcaldexosepichel/

AGASALLOS PARA TEMPO DE NADAL
A iniciativa de normalización e dinamización lingüística destacada para esta quincena xa está ao dispor do público interesado: un innovador e actualizado catálogo de suxestivos agasallos para o tempo de nadal, sen esquecer importantes consellos para o fomento dun consumo responsable, idea orixinal creada desde o CPI Vicente Otero valcárcel de Carral (A Coruña): http://www.xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion.
martes, 1 de diciembre de 2009
ESPAZO VIRTUAL PARA ENDL
Recentemente foi creado o espazo virtual (http://xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion ) que pretende ser o punto de encontro e o escaparate das accións impulsadas polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
A experiencia en materia de dinamización lingüística constata que as múltiples iniciativas deseñadas e organizadas desde ou co apoio dos ENDL, teñen servido para activaren espazos e promoveren usos do galego na escola que axudan a mellorar a competencia comunicativa do alumnado, ampliando os seus recursos competenciais en lingua galega ou introducíndoo nela, independentemente de que esta sexa a súa lingua inicial ou unha segunda lingua.
Actividades encamiñadas ao reforzo desa competencia, do goce do tempo de lecer, ao intercambio multicultural, á recuperación da tradición oral, á prensa escolar, á introdución nos novos soportes de interacción que ofertan as TIC, etc., conforman unha bagaxe de traballo a prol da lingua galega na escola que cómpre difundir.
Dármoslles visibilidade ás iniciativas dos ENDL é o obxectivo dunha ficha de participación directa que xa está ao voso dispor neste enlace: http://xunta.es/linguagalega/iniciativas_normalizadoras_1
Mediante este formulario podes facernos chegar recursos ou actividades de dinamización lingüística desenvolvidas no teu centro que poidan ser coñecidas por todos e partilladas, como iniciativas suxestivas. Unha vez recibida e valorada a acción proposta (unha por cada ficha), inserirémola no apartado correspondente segundo os destinatarios aos que vaia dirixida, as metodoloxías empregadas e os obxectivos traballados.
Agardando que esta iniciativa de comunicación directa sexa ben acollida e permita retroalimentar o traballo común dos ENDL, recibe un saúdo dinamizador.
Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL

Suscribirse a:
Entradas (Atom)