jueves, 27 de febrero de 2014
martes, 25 de febrero de 2014
RECURSOS DO ENTROIDO
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) infórmavos de que están á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido:
http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2014.
Aproveitamos tamén para comunicarvos que a SXPL vén de resolver o Concurso-Exposición Letras Galegas 2014. Poderedes saber cales son os centros gañadores nas distintas categorías consultando o web da dita Secretaría.
Por outra banda, lembrade que o Museo do Pobo Galego organiza a IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. Esta iniciativa, dirixida aos centros educativos de Galicia, baséase na realización dun programa de investigación sobre o patrimonio etnográfico, lingüístico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato dos centros.
lunes, 24 de febrero de 2014
jueves, 20 de febrero de 2014
martes, 18 de febrero de 2014
TODOS CON ROSALÍA
"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está
viva".
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar
dando vida a Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron
colaborar na gravación dunha segunda parte do vídeo colectivo Todas con
Rosalía, cuxa primeira parte pode verse en:https://www.youtube.com/watch?v=g_tEH...
Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos,
falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo
de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o
presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola
cineasta Raquel Rei coa colaboración da Deputación Provincial da
Coruña. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha
Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena
Souto ou Pilar García Negro.
ESPAZO WEB SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
A Secretaría Xeral de Política Lingüística adiántase á celebración do centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado o Día das Letras Galegas 2014, mediante a apertura dun espazo web que pon á disposición dos centros educativos recursos elaborados por equipos de dinamización da lingua galega. Nesta mesma ligazón poderedes atopar tamén outros materiais de carácter xeral:
Ao longo das próximas semanas irase ampliando o dito espazo con novos materiais que, sen dúbida, servirán para coñecer mellor a vida e a obra deste autor.
Convidámosvos a que, se estades elaborando actividades relacionadas co poeta e queredes compartilas, as enviedes ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística para que poidan ser difundidas a través do web da SXPL.
viernes, 7 de febrero de 2014
SESIÓN DE MAXIA A CARGO DO MAGO BENXAMÍN
O mago Benxamín ofreceunos unha divertida sesión de maxia
mesturada con humor, este venres 7 de febreiro
de 14:45 a 16:25. Todo o alumnado do
cole así como os profes tiveron a
oportunidade de gozar coa súa maxia e de
participar activamente no espectáculo como vemos nas fotografías que vos deixamos aquí. Fíxonos pasar unha tarde moi divertida ademais de sorprendernos con
trucos incribles. Primeiro actuou para os nenos de Infantil e Primaria, e
despois para os de Secundaria. Sacou varios axudantes entre o público e así na actuación
de secundaria puidemos ver a Adrián facerse un lío cunha corda, ou como lle lía
o pensamento á profesora Yolanda. Tamén o profesor Alfonso axudou no último
número no que o mago Benjamín emulaba ao gran mago Houdini, repetindo un dos
números máis famosos de escapismo, onde o mago liberouse dunha corda que lle
ataran con fortes nós.
Resumindo, unha actuación que non esqueceremos
por sorpredente e divertida, e que esperamos que se repita o curso que vén.
LABORATORIO RADIOFÓNICO
Durante os meses de febreiro e marzo de 2014, o alumnado de 3º ciclo de primaria e de 4º da ESO realizarán un obradoiro de radio, para descubrir todas as posibilidades deste importante medio de comunicación e para potenciar a oralidade. Durante estes dous meses, e cunha duración de 50 minutos, estableceranse una secuenciación de actividades para alcanzar os obxectivos deste proxecto.
O venres 7 de febreiro deu inicio esta iniciativa, cunha sesión adicada a presentacións e unha pequena práctica centrada na elaboración dunha entrevista creativa a partires de frases célebres de grandes personaxes da historia. Foi toda unha experiencia, sentíndonos auténticos profesionais entre micrófonos, cableado, ordenadores, etc. Será cuestión de irnos familiarizando co medio e irnos sentindo máis preto da nosa propia voz, que en cuestión de semanas estará xa no aire, enchendo os nosos fogares.
jueves, 6 de febrero de 2014
PROGRAMACIÓN CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A conselleira de cultura do Concello de Monfero envíanos esta información sobre a programación cultural da Deputación da Coruña.
martes, 4 de febrero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)